Entradas

Mostrando entradas de junio, 2026

Constelacións. Puntos de lectura para a veciñanza

Imagen
Abril e maio viaxando polas Contelacións lectoras. O biblio equipo KPACES,  tivo moito traballo nesta tramo final de curso. Xa tocaba revisar as Constelacións; puntos de lectura para á veciñanza da Biblio do Poeta Díaz Castro. Novos pedidos, novos lectores... Na ferretería de Amador; sempre atopamos a Ana cun sorriso; comentounos que temos por alí un par de lectoras que teñen peticións feitas. Pasarémonos nestas semanas para renovar os recursos do punto lector da Ferretería de Amador. Biblio Equipo 1º ESO no Café  Bar " O Recreo". Parga. Punto lector. Ferretería de Amador. Tivemos a oportunidade de irnos a Parga para visitar tamén o punto lector " Bar o Recreo". Alí con Fernando ademais de tomar un delicioso café, pode escoller unha lectura e disfrutar na súa terraza lendo e se che presta, anotarte nos cadernos e levar o préstamo para casa. Tamén temos alí peticións dalgúns veciños.  En nada enviámolos!. Biblio Equipo 1º ESO no Café  Bar ...