Constelacións. Puntos de lectura para a veciñanza
Abril e maio viaxando polas Contelacións lectoras.
O biblio equipo KPACES, tivo moito traballo nesta tramo final de curso. Xa tocaba revisar as Constelacións; puntos de lectura para á veciñanza da Biblio do Poeta Díaz Castro. Novos pedidos, novos lectores...
Na ferretería de Amador; sempre atopamos a Ana cun sorriso; comentounos que temos por alí un par de lectoras que teñen peticións feitas. Pasarémonos nestas semanas para renovar os recursos do punto lector da Ferretería de Amador.
|
Biblio Equipo 1º ESO no Café Bar " O Recreo". Parga. |
| Punto lector. Ferretería de Amador. |
Tivemos a oportunidade de irnos a Parga para visitar tamén o punto lector " Bar o Recreo". Alí con Fernando ademais de tomar un delicioso café, pode escoller unha lectura e disfrutar na súa terraza lendo e se che presta, anotarte nos cadernos e levar o préstamo para casa.
Tamén temos alí peticións dalgúns veciños. En nada enviámolos!.
Biblio Equipo 1º ESO no Café Bar " O Recreo". Parga.
E se precisas sementes , abono ou unha prantiña para esa finca, aproveitade para botar un ollo ao punto lector de Agro Abelleira, por alí atoparedes a Paqui; lectora activa no Club de Adultos da Biblio do Poeta Díaz Castro.
Punto lector. Agro Abelleira. Biblio Equipo 1º Bach.
Cada vez mais lectores forman parte desta CONSTELACIÓN!.
Agardamos por vos.!
Comentarios
Publicar un comentario