NOVA SECCIÓN: OBSERVATORIO DE IGUALDADE MULLER E CIENCIA

OBSERVATORIO DE IGUALDADE MULLER E CIENCIA NO IES POETA DÍAZ CASTRO Neste blog podedes atopar as últimas novas de actualidade que falan de mulleres emprendedoras, de mulleres que loitaron e que loitan, por facerse ver, para que se escoite a súa voz. Un observatorio de ollos abertos ao mundo, para facer visible e entender a importancia social do papel da muller. Esta semana Dª Sara Veres, veciña de Guitiriz, protagonista do noso observatorio de igualdade e tamén a Táboa Periódica de Mulleres Científicas. Botade un ollo!! OBSERVATORIO DE IGUALDADE MULLER E CIENCIA Clara Campoamor, preside o noso observatorio. Este punto de encontro neste observatorio de igualdade está aberto a toda a comunidade educativa. Podedes participar, coas vosas investigacións, propostas ou novas atopadas, enviando un correo a nosa conta biblioguiti@gmail.com. Agardamos as vosas propostas. 🔺Entrade neste muro e buscade inspiración para debatir e traballar nas aulas e na casa.