Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Eva Mejuto

Historias que contar.

Imagen
A transición e reforma da nosa biblioteca  coa presenza de Eva Mejuto Aquí podedes ver o encontro con E va Mejuto na nosa biblioteca en obras . Foi o espazo perfecto para falar do tránsito do personaxe de 22 segundos , a obra de Eva Mejuto que leu o alumnado do club de lectura e 3º ESO. A autora pontevedresa mantivo primeiro un pequeno encontro co profesorado da sección de adultos do Club de Lectura: achegounos parte do material que empregou para documentarse en relación coa historia das irmás Touza en Rivadavia e falounos do proceso de creación de  Memoria do silencio.   Club de Lectura e alumnado de 3º ESO Logo tocoulle a quenda á rapazada, que tivo a oportunidade de escoitar como xurdiu a historia de Xela-Álex ata converterse en 22 segundos e de preguntarlle á nosa convidada todas as cuestións que lle suscitou a lectura desta obra. Ademais, descubriron que xa está escribindo unha segunda parte... tomamos nota para incorporala aos fondos da nosa...

Máis sobre as nosas lecturas

Imagen
Aviso urxente:   Eva Mejuto  visítanos o 24 de xaneiro! Será nunha dobre sesión: xuntanza co profesorado que anda a ler -colámolo entre as outras propostas- Memoria do silencio , e co alumnado do Club de Lectura para comentar 22 segundos . Aproveitamos tamén este espazo para enlazar cun pequeno vídeo no que a rapazada asistente á actividade "Lecturas presenciais" vai encadeando historias que coñece despois da lectura dun fragmento de Guerra , de Janne Teller: o desastre de Chérnobil, por exemplo, ou as últimas películas de Batman... Tamén saíu na conversa a referencia a O agasallo de Anya, de Sabela Núñez Singala, que algúns tiñan lido.