Noites pretéritas de imperfecto safari...
Na última xuntanza da sección de adultas do Club de Lectura , mudamos de espazo de encontro, sen perder a referencia absoluta que é a biblioteca. Nesta ocasión aproveitamos un espazo de lectura informal que hai na zona de acceso ao centro, que invadimos con froita, libros, e moitas ganas de botar un conto. Aquí nos tedes nesta sesión. Grazas por vernos con tan bos ollos, Alba Noites de safari e Pretérito Imperfecto déronnos para moito; non só os comentamos senón que os empregamos como base para unha creación colectiva que nos propuxo Alba María , quen tamén nos convidou ao seu obradoiro de regueifa deste martes 1o. Algunhas tomámoslle a palabra... pero iso xa é outra historia. Aí vos queda mostra no noso quefacer poético ;-) Quedou fixada como seguinte lectura Identidade , de Nee Barros, que comentaremos en xuño, seguramente algún espazo exterior. Seguiremos informando...