Noites pretéritas de imperfecto safari...

Na última xuntanza da sección de adultas do Club de Lectura, mudamos de espazo de encontro, sen perder a referencia absoluta que é a biblioteca. Nesta ocasión aproveitamos un espazo de lectura informal que hai na zona de acceso ao centro, que invadimos con froita, libros, e moitas ganas de botar un conto.
Aquí nos tedes nesta sesión. Grazas por vernos con tan bos ollos, Alba

 Noites de safari e Pretérito Imperfecto déronnos para moito; non só os comentamos senón que os empregamos como base para unha creación colectiva que nos propuxo Alba María, quen tamén nos convidou ao seu obradoiro de regueifa deste martes 1o. Algunhas tomámoslle a palabra... pero iso xa é outra historia.

Aí vos queda mostra no noso quefacer poético ;-)


Quedou fixada como seguinte lectura Identidade, de Nee Barros, que comentaremos en xuño, seguramente algún espazo exterior. 
Seguiremos informando...


Comentarios