CREAcción Día do Libro 2021 " Isto non é unha biblioteca"
Isto non é unha biblioteca Abril 2021, reflexións para o Día do Libro Isto non é unha biblioteca . O alumnado de 2º da ESO, na materia de música, estivo traballando o cine mudo e as posibilidades da linguaxe musical para expresar mensaxes e diferentes emocións, sen o recurso do diálogo . Estes alumnos que viviron o curso pasado o confinamento lonxe dos compañeiros e sen convivir na súa biblioteca, tiñan agora unha misión, coñecer a súa biblioteca e enviar unha mensaxe ao resto de compañeiros. Que ofrece este espazo ou que queremos ofrecer. O que foron as bibliotecas e o que queremos que sexan. Como transformala e que aspectos debemos ter en conta. Este traballo audiovisual que fixeron, forma parte dunha serie que chamamos " NON TODO É BRANCO OU NEGRO" . Reflexións sobre a diversidade, igualdade e inclusión nas aulas e tamén na biblioteca escolar. Esta proposta fixo que se mergullaran neste espazo e que reflexionasen sobre a biblioteca que ...