Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como nadal

Naturpoemas; música, poesía e material de refugallo.

Imagen
Naturalmente Nadal    Alumnas de 1º ESO O concurso de Naturpoemas organizado pola Biblioteca e departamentos colaboradores, entregaba este pasado venres os premios na pequena gala artística musical que despedía o ano e o primeiro trimestre.                                                                Alumnado de 3º ESO Os rapaces tiñan que crear poemas que puxesen en valor o medioambiente e un Nadal non consumista, na liña do proxecto anual "Alixéirate" . Ademais tiñan que presentalos de forma creativa en material de refugallo . Abaixo tedes aos protagonistas creadores destes artefactos poéticos, cheos de mensaxes que falan dun 2020 con novas accións e  cambios de hábitos de consumo.                             ...

CONCURSO NADAL NATURPOEMAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

Imagen
  CONCURSO NADAL            NATURPOEMAS 2019    A creación poética do concurso deste ano, estará inspirada na natureza e a conciencia medioambiental, proxecto anual do noso instituto. Buscamos NATURPOEMAS MOTIVADORES E INSPIRADORES que fagan soñar  cun ano novo bañado por mares e ríos limpos e aire mais puro,  liberados de plásticos e outros tóxicos. NATURPOEMAS  cheos de osíxeno para o noso centro e os nosos fogares este nadal. Presentados en material de REFUGALLO. PRESENTACIÓN DO POEMA  O poema presentárase utilizando material de refugallo , nun bote de cristal, como unha mensaxe nunha botella, nun vello tubo de papel, aquel libro que se pode aproveitar… Mirade ao voso arredor e reciclade ! BOTÁDELLE IMAXINACIÓN!. Decorado sempre con moita creatividade e evitando  mercar cousas novas. VALORARASE: A CALIDADE POÉTICA traballando a TEMÁTICA SOLICITADA. ...

"A Química do Nadal" Concurso de Poesía e de Postais de Nadal

Imagen
"A Química do Nadal" Rematamos o mes de decembro coa realización de dous concursos na nosa biblioteca: CONCURSO DE POSTAIS de Nadal e o CONCURSO DE POESÍA de Nadal , ambos cunha difícil temática en común “A Táboa Periódica” da que conmemoramos no 2019 o seu ano internacional . Os alumnos tiñan o reto de escribir un poema que combinase o espírito do Nadal e os elementos químicos, tamén os debuxos creados para as postais do nadal, tiñan que representar dalgún xeito a asociación á táboa periódica. Aquí deixamos algun video e as fotos dos traballos expostos. Donde se atoparán os ganadores deste ano? Postais creadas por alumnado de 1º ciclo   Postais creadas por alumnado de 2º ciclo e bacharelato                                                   Foi unha aventura entrar neste mundo de ciencia, luces de neón, aluminio, carbón...

BO NADAL, BOAS LECTURAS

Imagen
Dende a Biblioteca do IES “Poeta Díaz Castro” queremos animarvos a que nos agasallos deste Nadal, lembredes a posibilidade de incluir algúns que propicien a comunicación, o pensamento crítico, a imaxinación…, ao mesmo  tempo que nos permiten disfrutar de momentos de  ocio. Se queremos que os nosos fillos lea temos que darlle valor a lectura e regalar libros é una forma de facelo. No folleto adxunto poderedes atopar algunas ideas. Vos propoñemos libros variados, algúns deles eles cun formato que engade valor, pola coidada edición, polas ilustración ó propio texto e os fan especialmente axeitados para un agasallo. Todos eles cheos de imaxinación, poesía, drama, emoción… Recordade que o servizo de  préstamo  non é tan so para as alumnas e alumnos, é un servizo para toda a familia dende as revistas  ata as películas pasando pola música e todos os libros.  Pódese consultar o catálogo  neste mesmo blog       ...