Naturpoemas; música, poesía e material de refugallo.




Naturalmente Nadal   

Alumnas de 1º ESO

O concurso de Naturpoemas organizado pola Biblioteca e departamentos colaboradores, entregaba este pasado venres os premios na pequena gala artística musical que despedía o ano e o primeiro trimestre.

                                                               Alumnado de 3º ESO


Os rapaces tiñan que crear poemas que puxesen en valor o medioambiente e un Nadal non consumista, na liña do proxecto anual "Alixéirate". Ademais tiñan que presentalos de forma creativa en material de refugallo.Abaixo tedes aos protagonistas creadores destes artefactos poéticos, cheos de mensaxes que falan dun 2020 con novas accións e cambios de hábitos de consumo.

                                                          

Ademais disto, o alumnado de música traballou a fondo estas dúas últimas semanas para poñer música a unha peza, creada, utilizando tódolos naturpoemas elaborados nas aulas polos compañeiros participantes. Chamamoslle "Agasallo Natural" e así soaba para pechar este encontro no hall do centro.



Abaixo podedes escoitar a  peza " AGASALLO NATURAL"creada na aula de música utilizando os textos dos naturpoemas escritos polo alumnado do IES Poeta Díaz Castro.





BO NADAL!






 


Comentarios