Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como IES Basanta Silva

Aviso 3: convite de letras!

Imagen
A piques de recibir  Paula Carballeira, este mércores 4 , tocou poñer en común sobre as lecturas dela ás que lle botamos o dente: 13 avisos , Nunca mascotas e Alicia e a mestra de Oza .  E recoller os convites para os obradoiros desa xornada, na que tamén recibimos ao alumnado do Club de escrita do IES Basanta Silva de Vilalba . Vaia festa!

Manuel María, chaira e vento do mar

Imagen
Aló foi o gran día! Vilalba e Guitiriz apertáronse coa escrita e coa lectura na Casa Museo de Manuel María , co gallo do II Certame de Microrrelatos organizado dende as bibliotecas do IES Poeta Díaz Castro e do IES Santiago Basanta Silva. Grazas a Antón Laxe, á Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Xurxo Souto e ao profesorado e alumnado implicado, a xornada foi todo un éxito. Todo comezou cun remexido de claves villaltianas , que permitiu misturar alumnado dos dous centros para as distintas actividades propostas (xincana na horta, visita guiada á casa, obradoiro de regueifa e espazo Villalta). A maiores, un pequeno tempo de lecer e unha gala de entrega de premios que tivo como peche a presenza de Xurxo Souto , quen nos lembrou que Manuel María e Luísa Villalta tanto eran poesía como música. Medre a festa chairega que se fai con vento do mar!!! Alumnas de Vilalba desenvolvendo o obradoiro de regueifa, acompañadas por Almudena Introdución á obra de Luísa Villalta cunha dinám...

Puxémoslle o ramo a maio

Imagen
  Quedaba despedir a tempada de  vilariñas , e para iso veu visitarnos o alumnado do IES Basanta Silva o día 30. Aquí tedes imaxes desa xornada. Alumnado de Vilalba e Guitiriz gañador do primeiro certame xuvenil de Vilariñas Outros momentos da entrega de premios e paso da rapazada de Vilalba pola nosa biblioteca Obradoiro de papel reciclado, fase 1. Materiais e explicacións (1ºBAC) Obradoiro de papel reciclado, fase 2. Coas mans na masa coa supervisión de María e Janaina  😏 Versos á carreira, en Sete Muíños Todo un éxito grazas ao alumnado de 4º da ESO de Guitiriz E, xa en xuño tivemos outra visita: o alumnado dos coles que para o ano estudará no noso instituto. Entre as actividades de acollida houbo tamén momentos poéticos: o alumnado de portugués fixo unha versión do teléfono estropeado con poemas , e na biblio houbo unha pequena exposición das vilariñas escolares feitas pola rapazada do CEIP de Lagostelle este ano. Atendendo ás indicacións previas ao xogo

Todos os camiños levan a Vilalba

Imagen
Despois das convocatorias, veñen os premios ! E para dalos, houbo que xulgar as historias . Un motivo máis para encontrármonos na biblio... O martes 24 fíxose público o dictame dos xurados. Aproveitamos os microrrelatos que entrecruzamos co IES Basanta Silva para ir aló, entregar e recoller galardóns. Recibíronnos cun acto moi chulo, no que o alumnado do grupo de apoio á comunidade LTGBIQ+, "Malas herbas " leu un manifesto, e tamén houbo actuacións musicais e recital poético.  Velaí o alumnado e profesorado de Guitiriz que gañou algún premio, máis figurantes A rapazada de Guitiriz e Vilalba, ademais tivo ocasión de participar en varios obradoiros esa mañá, grazas á colaboración do alumnado de BAC do IES Poeta Díaz Castro. Toda unha experiencia... de libro! A Sabela, da biblioteca Agustín Fernández Paz, debémoslle esta pequena mostra   do que foi aquilo.   "Quen son?", obradoiro de linguaxe inclusiva "Zona de plaxios", obradoiro de recreación literaria ...