Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Compartindo contos

DIA DO LIBRO

Imagen
DÍA DO LIBRO Unha vez máis celebramos o día do libro compartindo lecturas cos pequenos. O alumnado de1º E 2º de ESO preparou unha chea de contos para ler e compartir con case 150 pequenos de infantil e 1º dos colexios de Lagostelle, Parga e a Castellana. Esperamos que eles disfrutaran tanto coma nos das lecturas.

COMPARTINDO CONTOS 2016

Imagen
Como todos os ano non faltamos a nosa cita cos contos para celebrar o día do libro. O pasado mércores 27 presentámonos de novo nos colexios de Lagostelle, Parga e Gutitirz para compartir un ratiño de lectura e diversión cos máis pequenos. Na actividade participaron uns 100 alumnos e alumnas do instituto (todo o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO) e o alumnado  de infantil e primeiros cursos de primaria dos tres colexios. Limos con e para os pequenos na biblioteca, nos corredores, nas aulas, sentados, tirados polo chan... calquera sitio para compartir un conto. Ademais o noso alumnado de 3º de ESO preparou coa súa profesora de música Sandra Tenreiro oito contos musicados que interpretaron con soltura e gracia diante dos pequenos dos diferentes coles que os seguiron con moita atención e, nalgún momento, entusiasmo. Acabamos a xornada pintando o patio do cole con ideas, imaxes o calquera cousa inspirada, supoñemos, polos conto. Compartindo lecturas, pinturas e xogos cos mais peq...

COMPARTINDO CONTOS 2015

Imagen
A LECTURA FAINOS FORTES    Un ano máis acudimos a nosa cita cos pequenos dos coles no día do Libro. Cen alumnos e alumnas de 1º, 2º, e 3º de ESO aprestáronse a compartir emocións, aventuras, sonos, saberes, en definitiva, lectura, cos máis pequenos dos colexios de Lagostelle, Parga e a Castellana. Este ano introducimos algunhas novidades. O  alumnado de terceiro preparou coa súa profesora de música uns contos musicados que fixeron as delicias de grandes e pequenos. (Podedes velos no segundo Vídeo) Pola súa banda no colexio propuxéronos facer unha sólida homenaxe á lectura e aos contos. Se algunhas das formas de escritura máis antigas fixéronse sobre pedra que mellor que a pedra para deixar memoria deste día dedicado a compartir letras e lecturas. Así os pequenos prepararon as súas pedras cheas de cores a debuxos para deixar plasmada unha das moitas cousas que nos aporta a lectura “A lectura fainos fortes” Nos pola nosa banda correspondemos a esta in...

COMPARTINDO CONTOS 2014

Imagen
Un ano máis celebramos cos pequenos dos colexios de Guitiriz, Parga e A Castellana unha xornada de contos compartidos. Desta volta nos adiantamos un pouco ó día do libro, pero que maís alá do día o importante e ler e compartir o pracer de ler. Aínda que tiñamos certo medo de repetirnos un pouco, xa é o cuarto ano, o entusiasmo con que participaron o nosos alumnos e alumnas (participou todo 1º e 2º ESO, 78 alumnos e alumnas) e a ilusión e alegría coa que nos recibiron os pequenos dos coles anímanos a continuar con esta actividade. Para ver máis fotos pincha aquí  A s emana anterior preparamos as nosas lecturas: xuntámonos na biblioteca para distribuír os contos entre os lectores, recordamos algúns consellos para ler en voz alta , e preparamos as lecturas coa axuda dos profes da biblioteca e practicamos cos compañeiros. Antes o equipo de biblioteca, coa axuda dos profesores dos colexios seleccionara unha boa chea de contos axeitados para os pequenos (infantil e 1º ciclo...

COMPARTINDO CONTOS 2013 II

Imagen
O ano pasado estivemos nos coles compartindo lecturas cos pequenos. Polo visto gustoulles a experiencia, polo menos así nolo contaron. Así que este ano non podíamos faltar. Xa o contamos noutra entrada, pero agora podedes ver algunhas imaxes. Volveremos.

COMPARTINDO CONTOS 2013 I

Imagen
O día 3 acudimos, como nos  anos anteriores, ós colexios de Lagostelle, Parga e A Castellana para celebrar o día do libro. Case 100 alumnos   do insti (case o 70% do alumnado de secundaria) prestáronse a compartir un rato de lectura e diversión cos pequenos de infantil e primeiro ciclo de primaria. Na biblioteca estamos moi satisfeitos da resposta do noso alumnado e do seu traballo.   Durante a semana anterior estivemos, con moita ilusión,   preparando as lecturas, ensaiando en casa e en clase. A xornada foi estupenda; grandes e pequenos disfrutaron xuntos da lectura. Uns días antes escribimos unhas cartas a cada un dos pequenos lectores para contarlles o que íamos facer. Agora esperamos, con máis ilusión aínda, as súas respostas, as súas cartas ou debuxos. Nuns días teremos un vídeo resumo da actividade. De momento nestas imaxes pódese ver apreciar o ben que o pasamos todos. Se queres ver máis fotos preme aquí

COMPARTINCO CONTOS 2012

Imagen
Outro ano máis celebramos o día do libro compartindo contos e lecturas cos pequenos dos colexios de Lagostelle, Parga e A Castellana. Escollemos, coa axuda dos profesores dos colexios, unha serie de contos axeitados para cada nivel (infantil e 1º ciclo de primario) e distribuímos os contos entre os nosos alumnos. Durante a semana anterior cada lector preparou o seu conto tendo en conta a idade á dos nenos que o ían escoitar. Nos colexios organizamos os pequenos en grupos de tres de xeito que cada un dos lectores foi pasando por diferentes grupos e lendo o seu conto. Cremos que non resultou mal e que foi unha boa experiencia para os nosos alumnos.  E os pequenos tampouco parece que o pasaran mal. Se queres ver máis fotos pincha aquí

COMPARTINDO CONTOS (II)

Imagen
Aquí tedes o conto “A que sabe a lúa” lido por Amanda, Isabel, Lidia e Lucía no Colexio de Guitiriz para ós alumnos de Infantil. Ós maiores gustounos tanto coma ós pequenos.

COMPARTINDO CONTOS (I)

Imagen
A inicios de outubro con motivo da selección de candidatos para o “Ler e escoitar” sorprendeunos a cantidade de rapazas, e algún rapaz, participaron con entusiamo nas lecturas en voz alta .  Nos encontros de bibliotecas escolares celebrados en outubro vimos como outros centros (I.E.S de Sansenxo e I.E.E de Porto dos Son) organizaban con alumnos de secundaria lecturas de contos para os colexios de primaria do seu contorno. A idea pareceunos moi interesante e xa que tíñamos voluntarios nos puxemos mans a obra.          Presentáronse 34 alumnas e un alumnos. Nos puxemos en contacto cos colexios  de Guitiriz, Parga e  A Castellana que acolleron ben a iniciativa. Tivemos que formar varios grupos para cubrir os tres colexios da zona e os diferentes niveis de infantil e primaria nos que se realizarían as lecturas. Cada grupo escolleu dous ou tres contos e prepararon as lecturas. (Usando o seu tempo libre, os recreos, e tamén algunhas cl...