COMPARTINDO CONTOS 2013 I

O día 3 acudimos, como nos
 anos anteriores, ós colexios de Lagostelle, Parga e A Castellana para celebrar o día do libro. Case 100 alumnos  do insti (case o 70% do alumnado de secundaria) prestáronse a compartir un rato de lectura e diversión cos pequenos de infantil e primeiro ciclo de primaria. Na biblioteca estamos moi satisfeitos da resposta do noso alumnado e do seu traballo.  Durante a semana anterior estivemos, con moita ilusión,  preparando as lecturas, ensaiando en casa e en clase. A xornada foi estupenda; grandes e pequenos disfrutaron xuntos da
lectura. Uns días antes escribimos unhas cartas a cada un dos pequenos lectores para contarlles o que íamos facer. Agora esperamos, con máis ilusión aínda, as súas respostas, as súas cartas ou debuxos. Nuns días teremos un vídeo resumo da actividade. De momento nestas imaxes pódese ver apreciar o ben que o pasamos todos. Se queres ver máis fotos preme aquí




Comentarios