Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Quino

Pechando a porta

Imagen
  E aínda máis... comezamos o curso coa triste nova do pasamento de Quino , e prometemos dende este espazo homenaxealo este curso cunha actividade protagonizada por Mafalda . Tardamos, pero cumprimos.  O alumnado de 3º ESO, no marco do seu proxecto 'Etiquetados', elaborou un cuestionario arredor desta icónica personaxe do debuxante arxentino.  Sodes 'mafaldistas'? Aquí podedes demostralo (das viñetas de apoio vólvese á pregunta clicando no número) Bo verán de lecturas a tod@s!

Outono de letras

Imagen
  Mentres esperamos ao inverno, imos achegando propostas. Sabedes que se conmemora hoxe no ámbito literario? Non? Pois visitade esta páxina a ver se descubrides a algunha coñecida... Quen se achegue mañá a biblio co nome dalgunha delas, recibirá un marcapáxinas como agasallo. En breve faremos unha actividade en homenaxe a Quino, recentemente falecido, autor dunha tira cómica protagonizada por unha rapaza bastante contestataria: seguro que a coñecedes. Aquí vai esta mensaxe súa, tan a xeito para un espazo lector coma este: