Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Premios literarios

PREMIO FESTA DA FILLOA

Imagen
Antía Vaamonde Morandeira gaña un premio na XXVI Festa da Filloa de Muimenta 2017 E seguimos celebrando premios no IES Poeta Díaz Castro... O pasado luns 1 de maio a alumna de 2º ESO Antía Vaamonde recolleu o segundo premio de relatos en castelán na categoría de 13 a 18 anos na vixésimo sexta edición da Festa da Filloa de Muimenta.  O relato gañador foi El agujero negro, unha historia onde poderás descubrir o lugar no que se agocha a misteriosa receita das famosas filloas de Muimenta.

CONCURSO NOVOS TALENTOS

Imagen
  O venres 22 entregáronse en Baiona os premios do “VII Concurso Coca-Cola Novos Talentos. Premio de Relato Curto”, convocado conxuntamente por Coca-Cola, Iberian Partners e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Alí estivo Antía Sánchez de 2º de ESO B acompañada polos seus pais e a profesora María Miragaya. Concéderonse tres premios por cada un dos sete sectores recollidos nas bases   (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo, Ourense e Pontevedra) e PRIMEIRO premio de Lugo foi para   Antía de 2. A alegría foi grande, pois maila que xa era seguro que adara un premio non sabíamos cal.   PARABÉNS!!   e continua escribindo. Parece que na primeira fase tiveron que facer un relato curto que tiña como palabra inspiradora “luz” e claro, Antía de “esa lus” algo sabe, ou non?

Nicanor Parra recibe o premio Cervantes 2011, o máis importante premio da literatura castelá

Imagen
Poeta, contista e ensaísta chileno nacido en San Xulián de Alico (Chile), en 1914.   Traballou como profesor de matemáticas no Liceo de Chillán e na Universidade de Chile, sen embargo a súa verdadeira vocación foi a poesía. Parra é o supervivinte do grupo máis importante dos poetas chilenos contemporáneos, xunto a Pablo Neruda, Gabriela Mistral e Vicente Huidobro. Logo de publicar en 1937 Cancionero sin nombre , moi influído pola poesía popular de Federico García Lorca, publicou en 1954 o libro que marca a súa obra e parte da poesía latinoamericana da segunda metade do século XX, Poemas y antipoemas . Durante medio siglo / la poesía fue / el paraíso del tonto solemne. / Hasta que vine yo / y me instalé con mi montaña rusa. / Suban, si les parece. / Claro que yo no respondo si bajan / echando sangre por boca y narices. www. nicanorparra .uchile.cl/ www.los-poetas.com/k/ parra .htm

Cómic

Imagen
O historietista español Santiago Valenzuela foi galardoado o día 8 deste mes co Premio Nacional do Cómic 2011, concedido polo Ministerio de Cultura pola súa obra "Praza Elíptica" , sétimo volume da serie protagonizada, entre a fantasía e o humor, polo Capitán Torrezno. O primeiro volume da serie foi "Horizontes afastados" (2001); logo sucedéronse "Escala real" (2003), "Limbo sin fin" (2003), "Extramuros" (2004), "Capital de provincias del dolor" (2005) e "Los años oscuros" (2006).   O Premio Nacional do Cómic está convocado polo Ministerio de Cultura para distinguir a obra de autores españois, escrita en calquera das linguas españolas e publicada no ano anterior á convocatoria do premio.

NOBEL LITERARURA 2011

Imagen
O poeta sueco Tomas Tranströmer, premio  Nobel deLiteratura 2011 Nacido en Estocolmo en 1931, é tamén coñecido polo seu labor como tradutor.  A Academia sueca prémiao polas súas "imaxes condensadas e translúcidas", que dan "acceso fresco á realidade" ( El País.com)

premios literarios Arcebispo Juan de San Clemente

Imagen
O pasado 9 de novembro tivo lugar no IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, a entrega de premios literarios Arcebispo Juan de San Clemente . Alí estivemos. Seis alumnos do IES Poeta Díaz Castro, que participaran como xurado para a concesión dos premios, acompañados por dous profesores, leron a acta de resolución e fixeron entrega dos galardóns, xunto con outros compañeiros doutros institutos participantes, aos escritores premiados. Foi un acto conmemorativo entrañable no que tamén houbo lugar para o recordo de figuras tan sinaladas como José Saramago ou Mario  Vargas Llosa, ambos premio Nobel, que en edicións anteriores tamén foran recoñecidos co galardón San Clemente, ou, de escritoras do noso país de recoñecido prestixio como Rosa Aneiros. O acto rematou no Hostal dos Reis Católicos, nunha cea de confraternización entre todos os asistentes (escritores, editores, políticos, artistas plásticos...) na que os alumnos tiveron oportunidade de compartir mesa cos seus autore...

PREMIO PLANETA

Imagen
Eduardo Mendoza con “Riña de gatos Madrid 1936” foi gañador do Premio Planeta  2010. A novela está ambientada en Madrid poucas semanas antes do inicio da Guerra Civil. Segundo o escritor trátase dunha obra de misterio e aventuras na que como é habitual neste autor, non falta o humor. Carmen Amoraga resultou finalista con “El tiempo mientras tanto”, unha novela coral que aborda as relacións entre unha nai é a súa filla

Premios literarios

Imagen
Fernándo Lalana  é o gañador do Premio Cervantes Chico 2010 . Tátase dun importante premio en literatura infantil e xuvenil que valora non so unha obra senón toda unha traxectoria literaria.Se queres saber máis sobre este autor e a súa obra sigue os enlaces ou fai clic nas imaxes dos libros.