
O pasado 9 de novembro tivo lugar no IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, a entrega de premios literarios Arcebispo Juan de San Clemente. Alí estivemos. Seis alumnos do IES Poeta Díaz Castro, que participaran como xurado para a concesión dos premios, acompañados por dous profesores, leron a acta de resolución e fixeron entrega dos galardóns, xunto con outros compañeiros doutros institutos participantes, aos escritores premiados. Foi un acto conmemorativo entrañable no que tamén houbo lugar para o recordo de figuras tan sinaladas como José Saramago ou Mario Vargas Llosa, ambos premio Nobel, que en edicións anteriores tamén foran recoñecidos co galardón San Clemente, ou, de escritoras do noso país de recoñecido prestixio como Rosa Aneiros.
Comentarios
Publicar un comentario