Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Convivencia e Inclusión. Un ano cheo de actividades.

Imagen
  ACCESIBILIDADE COGNITIVA _ 3 DECEMBRO “DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE”  O alumnado de 2º ESO únese ao reto de Plena Inclusión co lema “ Accesibilidade cognitiva xa!   para que o mundo sexa máis sinxelo de entender para todos/as, especialmente para as persoas con diversidade funcional. VER PARA ERRADICAR   Obradoiro de Igualdade de xénero dentro do programa “Ver para erradicar” impartido pola Asociación ACADAR de Lugo. 8 M _ EXPOSICIÓN MULLERES TRANS Coincidindo coa celebración do 8 M coñecimos a traxectoria e aportacións de dez mulleres trans en diferentes ámbitos (ciencia, cultura, deporte,..) a través dunha exposición situada á entrada da Biblioteca. Realizamos un xogo de encrucillado , con premio para os que lograron completalo.  OBRADOIROS SENSIBILIZACIÓN _ DIVERSIDADE FUNCIONAL A Federación de Asociacións de Persoas Xordas aportounos unha visión próxima de como perciben o mundo as persoas con discapacidade auditiva e cales son barreiras que afrontan día a día.

A Cultura Castrexa

Imagen
  PARQUE ARQUEOLÓXICO DA CULTURA CASTREXA Xornadas didácticas O pasado martes 18 de maio o alumnado de 1º ESO participou nunha xornada didáctica  sobre a cultura castrexa, impartida por unha guía do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa (Lansbrica) .  A xornada desenvolveuse en dúas fases: un percorrido guiado, a vista de paxaro, polo castro de San Cibrao de Las e unha exposición de varios obxectos que permitiron ao alumnado observar procesos e técnicas e achegarse á época castrexa a través de recreacións e réplicas. Con esta actividade retrocederon uns 2000 anos e coñeceron como eran as formas de vida e a organización social das persoas que poboaban o noroeste da península ibérica (os castrexos) antes da chegada dos romanos. Ademais, descubriron que o castro de San Cibrao de Las foi unha “cidade” moi importante na súa época. Destacaba pola súa extensión (aproximadamente 10 Ha), pola monumentalidade do seu sistema defensivo e porque a súa estrutura foi minuciosamente planificada

Axelándonos con apertas e mensaxes secretas

Imagen
  Non ía quedar  Xela Arias  sen a nosa homenaxe, xaora. Por agora andamos apertando versos de Denuncia do equilibrio e descubrindo mensaxes secretas que deixou neles...  mais non quedará aí a cousa, non . Isto é o comezo dunha vertixe creativa! Deixamos tamén hoxe a intervención de Antía Morandeira alumna de 2º de Bacharelato  coa a súa adaptación do relato " Na oficina de obxectos perdidos do libro "Made in Galiza, de Sechu Sende , co que nos invita a COIDAR da nosa lingua.

Son quen de... Cantando a Xela Arias.

Imagen
  Son quen de...Xela Arias Proposta musical para a conmemoración das Letras Galegas 2021 Meu querido tapabocas, se pensabas que podías   calar as nosas ganas     de cantar a Xela Arias, que errado estabas meu amigo!! Podes taparnos a boca pero non as ganas de celebrar esta festa. Hoxe desde a BIblio do IES Poeta Díaz Castro, enviamos esta proposta didáctica, poética e musical  composta pola profesora de música Sandra Tenreiro Doldán , para que teñamos un tema diferente co que cantar a Xela nesta semana...e sempre.  Con catro acordes; Am, F, C e G e unha base rítmica constante, enviamos este tema co que podedes cantar,   acompañar con diferentes instrumentos e mesmo seguir con percusión corparal, engadir novas voces...     Sodes quen de cantala? Si é así, agardamos que compartades con nós a experiencia.

SINGALA. A LINGUA GALEGA. UNHA OPORTUNIDADE

Imagen
  Manuel Núñez Singala A LINGUA GALEGA: UNHA OPORTUNIDADE  O alumnado de 2º de Bacharelato recolle unha fonda reflexión tras a visita de Singala. Aquí  deixamos esta pegada.     O pasado 22 de abril o alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato asistimos a unha conferencia sobre normalización e prexuízos lingüísticos da man de Manuel Singala, filólogo e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela desde 1988. Ademais, no eido literario conta con varias obras de teatro, ensaio ou narrativa.   Para comezar, atopámonos cun formato de presentación e xeito de abordar o tema moi diferente ao que estabamos acostumados. Falou de diferentes aspectos á volta da lingua galega dunha forma moi orixinal, xa que mediante ideas que, nun principio, non deberían ter ningunha relación coa temática conseguiu facernos reflexionar sobre a situación do galego . A seguir destacamos dous.   Por exemplo, preguntounos: “Se vos dan a escoller entre ir d

Clubs de lectura diversos

Imagen
A andaina de lecturas e postas en común segue aos poucos. A sección de poesía (alumnado de BAC) tivo unha reunión o 12 de marzo, na que se cuestionou que era poesía e que non, ademais de achegarse á obra de Xela Arias .   Este ano o departamento de inglé s, entre outras actividades dinámicas nos recreos, promoveu un clube de conversa  para alumnado e profesorado sobre distintos aspectos da cultura da India , de onde vén Prachi, a auxiliar de conversa. Entre outras cuestións abordouse a situación da muller, as crenzas e tradicións, o sistema de castas, a arte (danza, arquitectura, música...) e mesmo se puxo en relación a Rosalía de Castro e a Rabindranaz Tagore... Canto proveito tiramos destes pequenos tempos de lecer! Distintas sesións do clube de conversa en inglés. Grazas Prachi e Sabela 😄, por achegarnos á India E isto non é todo, amig@s... xa vos iremos contando, que vén maio de versos cuberto!