Son quen de... Cantando a Xela Arias.

 

Son quen de...Xela Arias

Proposta musical para a conmemoración das Letras Galegas 2021

Meu querido tapabocas, se pensabas que podías  calar as nosas ganas   de cantar a Xela Arias, que errado estabas meu amigo!! Podes taparnos a boca pero non as ganas de celebrar esta festa.

Hoxe desde a BIblio do IES Poeta Díaz Castro, enviamos esta proposta didáctica, poética e musical composta pola profesora de música Sandra Tenreiro Doldán, para que teñamos un tema diferente co que cantar a Xela nesta semana...e sempre. 



Con catro acordes; Am, F, C e G e unha base rítmica constante, enviamos este tema co que podedes cantar,  acompañar con diferentes instrumentos e mesmo seguir con percusión corparal, engadir novas voces... 

 Sodes quen de cantala? Si é así, agardamos que compartades con nós a experiencia.


Comentarios