O Trasno dos libros. Misterios no día do libro
O Trasno dos Libros na biblioteca. Na semana do 18 ao 22 de abril o alumnado de 1º da ESO participou, durante a materia de Lingua Galega nunha actividade coordinada pola nosa compañeira Alba María, membro do equipo da biblioteca, nun xogo de pistas para conmemorar o Día Do Libro. Este contaba a historia do trasno dos libros, que inspirara e axudara ás persoas que acudían á biblioteca a crear composicións marabillosas e a interesarse por escoitar e ler toda clase de historias. Mais un virus literario asolagou o espazo, de xeito que todas as obras comezaron a desaparecer. Para salvalas, o trasno sacrificou a súa maxia e devolveulle á vida á biblioteca, mais o seu corpo desapareceu para sempre. Contan as persoas máis vellas do instituto que o trasno deixou a alma esparexida por distintos fragmentos de libros por toda a biblioteca . Só os máis afoutos alumnos e alumnas conseguirán descifrar todas as pistas que os levarán a elas e dese xeito revivir a alma daquel trasno ...