ENCONTROS COS AUTORES

VISITA DE RUBÉN RUIBAL

O programa de Promoción da Lectura do MEC deunos a posibilidade de conmemorar no noso instituto o día do Libro deste ano coa visita do escritor Rubén Ruibal, gañador do premio Álvaro Cunqueiro e do Premio Nacional de Teatro 2007. Este actor, director, escenógrafo e dramaturgo fixo un resumo da súa traxectoria  desde os seus inicios nas tablas cando era un neno xogando coa súa familia ata que se decidiu a escribir Limpeza de sangue, inspirado polo gran Roberto Vidal Bolaño e co que compartiu a andadura do grupo de teatro “Teatro de aquí”.

Comentarios