Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día da Ilustración

Ilustrando a identidade.

Imagen
 Ilustradoras creativas na Biblio do Poeta Díaz Castro. Equipo KPACES.  Este 30 de xaneiro iniciamos co equipo da biblio  KPACES ( 1º ESO Prox. Competencial) un caderno ilustrado de identidade (Proxecto de centro). Que somos? Que é importante nas nosas vidas?  A paleta de cores. Proceso creativo Iniciamos o proceso e comezamos polo mais simple, aquelas especias coas que cociñan nas nosas casas con tanto cariño, ou aqueles pétalos de flor que tinguen de morado as mans, así desde o cotidiano creamos unha paleta de cor ; cúrcuma, pirixel, cacao puro ou café.  Convidaremos a veciñanza a traballar unha vez mais en equipo con nós neste traballo creativo atopando a identidade nas liñas e ilustracións que neste caderno se recollan. Organizaremos o bradoiros na Casa Capataz, centro de día e tamén na Biblioteca "Casa Habanera" donde o equipo, ensinará ao maiores trucos para dar vida a este caderno. Vamos cargados de libros, que fal...

Xaneiro de mulleres

Imagen
O Clube de Lectura dos máis novos retomou a actividade á volta do Nadal, para falar de Rosa Parks e outras personaxes representativas da loita polos dereitos civís nos EEUU. A excusa foi O autobús de Rosa , que nos permitiu facer unha viaxe no tempo ata a década dos 50 do pasado século... pero tamén achegarnos á actualidade no mundo, por desgraza. Aquí podedes vernos en acción. Como nos deu para dúas sesións de comentario, na segunda delas xuntamos varios materiais (case un cofre do tesouro ... 😉) e xa botamos man da que vai ser a nosa seguinte lectura: Be water , de Antía Yáñez. Igual se anima alguén que participou na charla que deu a autora na súa visita de decembro a virnos contar algo máis desta historia... estades tod@s convidad@s , coma sempre!  Tamén neste mes conmemorouse o Día da Ilustración , que rescatou a figura de Lolita Díaz Baliño, polo que aproveitamos para difundir a súa figura, e tamén a doutras mulleres galegas destacadas no ámbito das artes plásticas, cunha p...