Ilustrando a identidade.

 Ilustradoras creativas na Biblio do Poeta Díaz Castro. Equipo KPACES.

 Este 30 de xaneiro iniciamos co equipo da biblio  KPACES ( 1º ESO Prox. Competencial) un caderno ilustrado de identidade (Proxecto de centro). Que somos? Que é importante nas nosas vidas? 


A paleta de cores. Proceso creativo


Iniciamos o proceso e comezamos polo mais simple, aquelas especias coas que cociñan nas nosas casas con tanto cariño, ou aqueles pétalos de flor que tinguen de morado as mans, así desde o cotidiano creamos unha paleta de cor ; cúrcuma, pirixel, cacao puro ou café.


 Convidaremos a veciñanza a traballar unha vez mais en equipo con nós neste traballo creativo atopando a identidade nas liñas e ilustracións que neste caderno se recollan.

Organizaremos obradoiros na Casa Capataz, centro de día e tamén na Biblioteca "Casa Habanera" donde o equipo, ensinará ao maiores trucos para dar vida a este caderno.

Vamos cargados de libros, que falan das gamas de cores, das flores, de plantas que os maiores seguro que coñecen, e outros ilustrados que contan en páxinas de cores a esencia dos momentos da vida. Nesta foto quedan recollidos cos que estamos a traballar.


                                

Noutra liña na AULA  de  MÚSICA e biblioteca "Sibiblio, seguen os ensaios do equipo traballando poesía e música. Os maiores do concello participaran con nós interpretando os temas de Luisa Villalta,  musicados pola nosa profesora e compositora Sandra Tenreiro. 


Comentarios