Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día da Música

MENSAXES RÍTMICAS Motivación e ánimo ao ritmo das nosas mans

Imagen
MENSAXES RÍTMICAS MOTIVACIÓN E ÁNIMO AO RITMO DAS NOSAS MANS. A un mes da celebración do DÍA MUNDIAL DA MÚSICA, o alumnado  do I.E.S Poeta Díaz Castro, lanza unha mensaxe urxente a golpe de compás de catro por catro, cun tema esencialmente rítmico: "As apertas volverán". Traballando   desde as súas casas, desde a aula de música virtual,   envían o impulso e forza aos seus compañeiros, familiares e amigos , falando da importancia de traballar en equipo, de seguir as mesmas pautas e ritmo para vencer os momentos difíciles que estamos a vivir. O traballo rítmico coas súas mans , realízase sobre a melodía dun coñecido tema da artista Adele, "Rolling in the deep". Agardamos que esa forza coa que marcan o ritmo coas súas mans, envíe unha carga de enerxía positiva.  E como ben contan nesta creación;  "CANDO MENOS contes, AS APERTAS VOLVERÁN".