Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día namorados

San Valentín

Imagen
Celebramos o día de San Valentín con libros, flores e poesía. Para agasallar a un compañeiro ou compañeiro quen quixo puido escoller un libro da biblioteca e acompañalo cun poema escrito ou copiado a man. A biblioteca comprometeuse a facer chegar o libro e o poema ó destinatario, acompañado ademais dunha flor. Una vez recollidas as cartas e os libros, os carteiros da biblioteca (alumnos colaboradores da biblioteca) as distribuíron polas aulas.

14 DE FEBREIRO

Imagen
Moito moito amor. Libros para inspirarnos, flores para agasallar, poesía a eito, corazóns cargados de palabras de amor, música, e sobre todo…. TOO MUCH LOVE!! Música de Quique Gonzalez "Piedras y flores" de Kamikazes enamorados) Aproveitamos o día dos namorados para facer o noso: promocionar a lectura, a poesía… As actividades non son moi orixinais, pero non deron mal resultado 1-. MELLOR CUN POEMA O obxectivo fundamental é achegar a poesía ó alumnado, tomando como desculpa o día dos namorados A actividade consiste en mandar poemas de amor a un compañeiro ou compañeira de clase. A semana pasada fixemos unha pequena escolma de poemas en galego, castelán, inglés e francés. Para facilitar e elección e lectura dos poemas pegáronse nun panel os textos. Diante do panel colocamos moitas copias dos poemas, sobres e un buzón.  Os participantes tiñan que escoller un poema e envialo a alguén indicando o destinatario e o curso. O día 14 na hora de ler os “carteiros ...