Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2011

As pelis de Biblio

Imagen
Stone Thriller protagonizado por Robert de Niro, Edward Norton y Mila Jovovich   A poucos días de xubilarse do seu posto de oficial de liberdade condicional,  Jack Mabry  recibe o encargo de revisar o caso de  Gerald  " Stone "  Creeson , encarcerado por encubrir o asasinato dos seus avós cun incendio. Agora que cabe a posibilidade de recibir un indulto anticipado,  Stone  necesita convencer Jack de que está rehabilitado. Non obstante, os seus intentos de influír na decisión final do veterano axente provocan uns efectos intensos e inesperados para ambos os dous.. (A BUTACA)

Libros e máis...

Imagen
Nas bibliotecas algo máis que libros, so non o cres pincha aquí

Dia bibliotecas escolares

O 4° luns de outubro celébrase dende 1999 o Día Internacional da Biblioteca Escolar. Foi establecido pola IASL (International Association of School Librarianship / Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares con sede en USA: www.iasl-slo.org). Dende 1997 estableceuse o 24 de outubro como o Día da Biblioteca. Este ano coinciden. Para nos non hai mellor forma de celebralo que lendo e recomendando libros. Nesta ocasión libros que son protagonistas de libros, que falan de libros …. Open publication - Free publishing - More bibliotecas

As pelis de Biblio

Imagen
El retrato de Dorian Gray Película baseada na obra homónima de Oscar Wilde, tamén a túa disposición na biblioteca.  Dorian Gray   ( Ben Barnes ) é un novo aristócrata moi atractivo que, despois de pasar unha solitaria adolescencia no campo, regresa a Londres, onde herdou unha mansión. Atraído pola vida nocturna, somérxese nela da man de Lord   Henry Wottom   ( Colin Firth ), que o conduce aos antros máis recónditos e sórdidos da cidade. Ao mozo fascínalle o estilo de vida decadente e amoral de   Wotton . Por outra parte, a súa obsesión por alcanzar a eterna xuventude impúlsao a facer un pacto diabólico: el manterase sempre novo, pero as pegadas do paso do tempo e dos seus terribles delitos, é dicir, a súa degradación física e moral reflectiranse nun retrato que lle fixo o seu amigo o pintor   Basil Hallward   ( Ben Chaplin ). ( FILMAFFINITY ) Xa fora levada ó cine no ano 1945 por Albert Lewin.

Seguriño na rede

Imagen
Andas pola pola    rede?    seguro? Neste enlace tes uns bos consellos para manexarte na rede con seguridade. Fai clic no enlace http://www.deaquinopasas.org/  

As pelis de Biblio

Imagen
An education Jenny , unha atractiva e brillante estudante de 16 anos ( CareyMulligan ) que vive nun tranquilo barrio londiniense, só pensa en estudar para poder ir a  Oxford . Pero un día coñece a  Brit  ( Peter Sarsgaard ), un tipo sedutor de 35 anos, que a cortexa con ceas elegantes,  clubs  e viaxes cos seus divertidos amigos  Danny  ( Dominic Cooper ) e  Helen  ( Rosamund Pike ). Así as cousas, as conviccións de Jenny  cambaléanse e verase obrigada a elixir entre seguir con  Brit  e a súa atafegada vida ou ben ir á Universidade. ( FILMAFFINITY )

NOBEL LITERARURA 2011

Imagen
O poeta sueco Tomas Tranströmer, premio  Nobel deLiteratura 2011 Nacido en Estocolmo en 1931, é tamén coñecido polo seu labor como tradutor.  A Academia sueca prémiao polas súas "imaxes condensadas e translúcidas", que dan "acceso fresco á realidade" ( El País.com)

As pelis de Biblio

Imagen
Julie and Julia Baseada en feitos reais.   Julie Powell   ( Amy Adams ) é unha moza que, convencida de que está a desperdiciar a súa vida, decide dedicar un ano a preparar todas as receitas de "Dominando a Arte da Cociña Francesa" ( Mastering   the   art   of   french   cooking ), clásico libro de cociña da célebre cociñeira   Julia Child   ( Meryl Streep ). Durante ese ano, como alumna de   Child , escribe cada día as súas experiencias nun blog que terá múltiples adeptos. ( FILMAFFINITY)

Novidades outubro

Ampliamos a nosa colección de biografías Mil e unha vidas coas que aprender e disfrutar: exploradores, científicas, escritores, sufraxistas, aventureiros… ven a biblioteca e descúbreos!! Sabelotodos View more presentations from biblioguiti