Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

# ETIQUETADOS. Exposición e Investigación na Biblioteca

Imagen
O PROXECTO # ETIQUETADOS EXPOSICIÓN E INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA EXPOSICIÓN DE PRODUTOS Esta exposición de produtos , localizada na biblioteca do centro , enmárcase dentro do proxecto #ETIQUETADOS, que este curso se está levando a cabo en  3º ESO. Este proxecto xorde do interese de analizar a influencia que teñen as etiquetas no comportamento das persoas, tanto no desenvolvemento da propia personalidade coma nas relación cos demais e nos hábitos de consumo. Enfocamos a temática do “etiquetado” dende dúas vertentes: as persoas e os produtos que consumimos. Esta exposición amosa unha recompilación de bens de consumo, que foron seleccionados e achegados polos alumnos e alumnas. A finalidade que se persegue é que sexa o máis representativa posible, da cesta de produtos envasados de consumo habitual, dos fogares do alumnado participante no proxecto . O alumnado, que traballará en grupos de dúas ou tres persoas , analizará a etiqueta de cinco produtos da exposición. Os obxectivo

Xeografía poética contemporánea

Imagen
Decembro de 2020:  mes complexo, rebordando probas e traballos para entregar... semellaba que non quedaba osíxeno para respirar. Pero sempre hai oco para a poesía : nesta ocasión no club de lectura de BAC fixemos unha improvisada antoloxía de textos breves , escollidos destas obras de referencia que vos deixamos na imaxe. Botádelles un ollo... seguro que atopades versos ao pé dos que abrigarvos nestes tempos difíciles, como fixemos nós. Foi fai un mes, o 21 de decembro, na biblio, coma sempre, cando as candeas xa alumaban anunciando días de lecer e aínda sen saber que Xela Arias ía ser a protagonista do Día das Letras 2021... Logo volveremos a erguer as nosas voces, neste camiño poético 😏 E máis nestas datas, coas farolas de Guitiriz inzadas de poesía, grazas á Nova Poesía Guitirica!

Biblio Poeta Díaz Castro pecha o trimestre con Antía Yáñez

Imagen
Unha mañá con Antía Yáñez no IES Poeta Díaz Castro. O pasado 18 de decembro rematabamos a primeira avaliación coa visita de Antía Yáñez. Foron moitos os grupos que desfrutaron esta avaliación dos seus libros e non houbo mellor maneira de rematar o trimestre coñecendo e falando persoalmente coa autora. Deixamos un resumo das impresións dos grupos que puideron asistir a este encontro. Biblio Poeta Díaz Castro- Senlleiras-2º Bach     Be Water  foi o libro de lectura obrigatoria en 3º da ESO proposto pola   profe para comezar o curso. O que primeiro que nos chamou á atención foi que o título estivera en inglés e que comezara falando da menstruación! Mais Antía Yáñez explicounos que aínda había moitos temas considerados tabús na sociedade, como é a hixiene íntima da muller, e que ela quería aportar o seu gran de area para reverter esa situación. Ademais, na charla presentounos datos reais e detallados do consumo de auga en diferentes partes do mundo e puidemos entender mellor a importanc