O PROXECTO # ETIQUETADOS
EXPOSICIÓN E INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA
EXPOSICIÓN DE PRODUTOS
Esta exposición de produtos,
localizada na biblioteca do centro, enmárcase dentro do proxecto #ETIQUETADOS,
que este curso se está levando a cabo en 3º ESO.
Este proxecto xorde do interese de
analizar a influencia que teñen as etiquetas no comportamento das persoas,
tanto no desenvolvemento da propia personalidade coma nas relación cos demais e
nos hábitos de consumo. Enfocamos a temática do “etiquetado” dende dúas
vertentes: as persoas e os produtos que consumimos.
Esta exposición amosa unha recompilación de bens de consumo, que foron seleccionados e achegados polos alumnos e alumnas. A finalidade que se persegue é que sexa o máis representativa posible, da cesta de produtos envasados de consumo habitual, dos fogares do alumnado participante no proxecto.
O alumnado, que traballará en grupos
de dúas ou tres persoas, analizará a etiqueta de cinco produtos da exposición. Os
obxectivos que pretendemos acadar con esta actividade son os seguintes:
·
Aprender a interpretar as etiquetas dos produtos que
adquirimos, para saber: a súa procedencia,
a cantidade que conteñen, a maneira de utilizalos e de conservalos e a
data de caducidade ou consumo preferente, condicións laborais nas que foron
fabricados ...
·
Fomentar o consumo responsable, ante a inmensa variedade
de bens de consumo que existen no mercado na actualidade.
Na biblioteca contamos cun equipo de profesorado activo cun papel de dinamizador importante. Gracias a Fátima Castro Platas, por compartir con todos este interesante inicio de proxecto.
Atentos que seguiremos subindo as novidades en relación a " ETIQUETADOS", que se enmarca dentro do proxecto xeral de centro " O COIDADO"
.
Comentarios
Publicar un comentario