Rosalía inspíranos na chaira

O venres celebramos a Rosalía cun recitado de poesía, onde os seus versos dialogaron con outras voces poéticas contemporáneas: Ana Romaní, Luísa Villalta, Thamizhachi Thangapandian e Manuel María.
  
Grazas poetas (Olalla, Izan, Nora, Jesús, Paula, Nerea, David, Danny, Aroa, Darío e Mencía)!

Agora tócavos coller a palabra!

Volve por terceiro ano a actividade de escrita compartida co IES Basanta Silva de Vilalba. Desta vez, a modo de quedadas literarias entrecruzadas.  

Vide á biblio para saber máis, consultade as bases, e... animádevos a participar!

A inscrición está aberta ata o 6 de marzo, veña que voa...

En breve, máis poesía e máis lecturas!





Comentarios