PROPOSTAS DAS LECTORAS
A ESMORGA A esmorga é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar , adaptación da obra de Eduardo Blanco Amor . Está protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán "Morris" como Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense , concretamente na ponte das Burgas, na praza Maior, donde recrean tendas da época e aparece o típico limpabotas, tamén un carrito de xeados de La Ibense, que se mantiña activo durante todo o ano, incluso no invierno. Tamén reconstruíron a casa de citas nunha discoteca, que dotaron con espectáculo para adaptala ao xénero cinematográfico, e a taberna do Papuxas de Ribadavia -ten o chan de terra- donde ía a xente a cantar e manter o espíritu da Esmorga. Argumento: Cibrán é un obreiro que se xunta coa Raxada, unha ex-prostituta e nai solteira. Unha mañá, de camiño ó traballo, é abordado por dous amigos bébedos, o Bocas e o atormentado Milhomes. Cibrán xúntase a eles deixand...