PROPOSTAS DAS LECTORAS

A ESMORGA

A esmorga é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar, adaptación da obra de Eduardo Blanco Amor. Está protagonizada por Miguel de Lira que interpreta a Cibrán, Karra Elejalde como Bocas, e Antonio Durán "Morris" como Milhomes.

A historia está ambientada na cidade de Ourense, concretamente na ponte das Burgas, na praza Maior, donde recrean tendas da época e aparece o típico limpabotas, tamén un carrito de xeados de La Ibense, que se mantiña activo durante todo o ano, incluso no invierno. Tamén reconstruíron a casa de citas nunha discoteca, que dotaron con espectáculo para adaptala ao xénero cinematográfico, e a taberna do Papuxas de Ribadavia -ten o chan de terra- donde ía a xente a cantar e manter o espíritu da Esmorga.

Argumento:

Cibrán é un obreiro que se xunta coa Raxada, unha ex-prostituta e nai solteira. Unha mañá, de camiño ó traballo, é abordado por dous amigos bébedos, o Bocas e o atormentado Milhomes. Cibrán xúntase a eles deixando tras de si un regueiro de destrución. Fan un alto na taberna da tía Esquilacha, acceden á vivenda dun cacique local chegado hai pouco de Francia, onde Bocas se namora da misteriosa dona da fiestra, chegan a un pazo ao que Cibrán, xa bébedo, lle prende lume sen querelo; bótanos dun prostíbulo, galantean cunha muller tola, Socorrito, quen cada mañá saca pasear un boneco nun carriño.
Mentras, O Bocas é sospeitoso de ter matado a un home durante unha liorta nunha taberna, e ademáis a homosexualidade reprimida de Milhomes non deixa de amolar ao Bocas dun xeito que ningún dos dous homes son quen de comprender. Bocas e Milhomes emprenderon unha especie de misión suicida ao abeiro da bebedela o que Cibrán se sumou sen sabelo.
O alcohol é para Cibrán o refuxio do que el mesmo denomina “o pensamento”, unha terrible lucidez que lle fai ser consciente da súa sórdida existencia.
  
Conclusión:

Desas películas que unha vez vista eres consciente que se acaba de presenciar algo moi grande. Cine do bon, feito en Galicia, que ben podería representarse en calquer outro certame cinematográfico.


NOA PENA 4º ESO


Comentarios