A sección de persoas adultas tivo na súa última sesión deste curso a visita de Marica Campo, que veu acompañada da súa irmá Tareixa. A escritora, ademais de deleitarnos cunha conversa saborosa coma as cereixas que petiscamos, comentou con nós distintas obras súas, que se distribuíran para ler a vontade (ademais de ter lido xa Memoria para Xohana, a pequena gran novela que escribiu mentres residía en Guitiriz). Confusión e morte de María Balteira, E Xoel aprendeu a voar, nós outras e distintos relatos curtos en obras colectivas deron moito que falar. Rematou léndonos varias pezas do seu Sextinario, que nos achegaron a ese formato poético tan curioso. Desta vez, mudamos de escenario, grazas a Lucía, a responsable da biblioteca do colexio de Guitiriz, que conta cun espazo específico que leva o nome da autora lucense.
![]() |
Na biblioteca do CEIP de Lagostelle, ao pé da estantería que leva o seu nome, este xoves 29 de maio |
Custou dar atopado un oco para cadrar a maioría da rapazada máis nova e botarlle un oco aos Abracadabras. Entre exames e actividades de final de curso, complicábase o calendario, pero ao final conseguímolo. Despois do verán a compañaremos a sección de poemas dese libro dedicada aos animais co Nunca mascotas de Paula Carballeira e algún outro texto breve referido á fauna.
As maiores adentaremos Ubasute, que nos deixou recomendado Tareixa Campo, gran referente do teatro galego.
Comentarios
Publicar un comentario