A raiz dunha iniciativa da ONG Implicadas No Desenvolvemento , titulada: Para que les? moitas Bibliotecas Escolares de Galicia, están a participar con vistas ao Día do Libro nunha exposición conxunta, coa intención é facer reflexionar sobre os miles de motivos que nos levan a ler. Desde a ONG propóñenlle a xente coñecida, e non tanto, que contesten en non máis de 140 caracteres, á pregunta Para que les?. As respostas publícanas no seu blog: http://implicadas.blogaliza.org/ A maiores desde o CEIP Milladoiro-Malpica propoñen a actividade Foto lendo dun persoeiro (preferentemente non vinculado ao mundo dos libros) máis a súa Proposta de lectura A nos pareceunos unha bonita iniciativa. Pero nos non somos persoeiros coñecidos aínda que tamén nos gusta ler, así que, como participar nesta iniciariva? Desde a Biblioteca copiamos estas propostas e as adaptamos un pouco ó noso centro. Como o imos facer? Propoñémosche que, en non máis de 140 caracteres, contestes á pregunta para que les?. M