Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Díaz Castro

Todas as letras

Imagen
Estes días a poesía ocupou a nosa biblioteca unha vez máis, esta vez da man de Gian Pierre Codarlupo , que nos presentou o haiku, e a obra de poetas tan diversos como Díaz Castro, Blanca Varela ou César Vallejo. E non só iso. Púxonos a escribir ata con pincel... Agradecémoslle as súas achegas , e a Alfonso Blanco que nos puxera en contacto con el para esta proposta. Por certo, xa tedes listos os vosos traballos para o certame Terra Chá de Xermolos ? Non esquezades que o prazo remata o día 30.

Todo comeza antes de Nadal...

Imagen
                      ...compartindo lecturas e versos de poetas! Fica aquí breve memoria do mapa de xuntanzas do Club de Lectura nestes días de intensa actividade prevacacional, e iso que non nos deu tempo a todo! A rapazada que está a ler La catedral xuntouse onte no segundo recreo para falar desta novela de intriga, pero haberá unha segunda parte á volta, en xaneiro. @s máis nov@s tiveron un tempo de lecer inesperado para ler historias ilustradas , houbo quen se animou a contarlle a súa ao resto do grupo, con algunha axudiña... Lectura teatralizada de Frédérick , o rato poeta E como non, @s poetas manifestáronse de novo este luns, e en dobre xornada: no primeiro recreo lendo poemas e definindo a poesía, esa dona esvaradía da literatura; xa pola tarde, en horario extraescolar, o alumnado de 1º BAC levounos polo Guitiriz de Díaz Castro, exercendo de magnífic@s guías do roteiro 'A fábrica de poetas'. @s nos@s guías ant...

NIMBOS DE MÚSICA.

Imagen
25 DE Abril superado!! O alumnado de música de Bacharelato deixaba esta mañá gravados 6 poemas da obra poética de Díaz Castro: Cova Alumada, Vísperas, Esmeralda,Coma unha espada, e dous poemas inéditos; Noite do Mundo e Ventos Fuxidos tamén composicións de Sandra Tenreiro. Completando a sesión o alumnado de música de 4º ESO coa gravación de Remuíño de Díaz Castro, e o Canto ao idioma galego de Manuel María. A música que encheu o salón de actos do IES Poeta Díaz Castro, conseguiu emocionar en moitos momentos a o noso grande técnico de son Goyo Velasco de Marmelada de RE, grazas a el...hoxe foi posible rematar este gran proxecto. Pagou a pena o esforzo!. Esgotados, pero moi satisfeitos... Seguiremos traballando porque somos os músicos do IES Poeta Díaz Castro, somos " A lus do mundo".

ROTEIRO FABRICA DE POETAS

Imagen
Por fin comezamos a ver os froitos de tanto traballo. Dende a biblioteca queremos felicitar ao alumnado que participa, con ganas  e ilusión no roteiro “Fábrica de Poetas”. Polo que poidemos ver nas primeiras visitas todo o esforzo pagou a pena, os resultados son estupendos. Vale que o digamos nos, que a fin de contas algo implicados no asunto podemos estar,   pero tamén así o cren os pequenos que nos visitaron o pasado día 30. Esta é a opinión do alumnado de quinto e sexto de primaria do CEIP San Xoán de Becerreá expresada de forma visual nesta DIANA DE VALORACIÓN   Se queredes ver máis fotos e opinións da súa visita consultade o seu blog (pincha aquí)
Imagen
Durante este ano dedicado ao noso poeta a biblioteca colaborou, participou e animou moitos dos traballos que se fixeron no noso centro con tal motivo. Con eles  no so aprendemos a apreciar mellor a obra poética deste autor senón que servíronos para moito mais: dende manexar unha cámara, preparar unha rodaxe, cantar, actuar e falar en público, facer entrevistas... e sobre todo que con imaxinación, motivación, traballo, e coa colaboración de todos, profesores, alumnos, pais... podemos facer cousas bonitas, aprender e divertirnos ao tempo. Algúns dos resultados deste traballo podedes velos neste mesmo blog, pinchando aquí , ou na páxina http://alusdomundo.com/ Despedímonos deste ano co poesía, como tiña que ser, da man da Fátima, alumna de 1º de BAC 'GRAZAS DÍAZ CASTRO' Díaz Castro querido, que habitabas no olvido, renaciches entre nós; e témosche agarimo. Contigo aprendimos, a querer unha herba, contigo Poeta; firiunos para sempre... a beleza! ...

Portal das Palabras

Imagen
No curso pasado os nosos alumnos colaboraron co proxecto “O portal das palabras”, unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrie, comentando o léxico de Nimbos. Aquí tedes as suas intervencións, fragmantos do vídeo que podedes ver completo na páxina do Portaldas Palabras. Son Irea, Alberto, Noemí, Uxía, Oscar, Jorge, Mónica, Andrea e Antía Se queredes ver o vídeo completo pinchade aquí

TALLER DE POESÍA

Imagen
Obradoiro de poesía con Chus Otero entorno a poesía de Díaz Castro para alumnado de 1º e 2º ESO. Realizáronse diversas actividades e xogos para achegarse dun xeito máis lúdico e divertido á poesía de Díaz Castro Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro.

A lus do Mundo no Vilariño.

Imagen
ACABAMOS CON POESÍA E MÚSICA E COMEZAMOS CON MUSICA E POESÍA Ninguén nos vai parar!!, no IES Poeta Díaz Castro, a cultura e a expresión...non son covardes. Así comezábamos a nosa intervención, nos actos culturais celebrados o pasado 14 de outubro (2014), na palleira da casa natal do noso poeta, onde presentaron as súas obras, algúns dos escritores e escultores da actualidade cultural galega homenaxeando a Díaz Castro:Tosar, Ramón Villar, Xabier R. Barrio... Os rapaces de música do centro , contentos de ser convidados como músicos para amenizar este acto organizado pola Deputación de Lugo e no que aseguro traballamos coma verdadeiros profesionais. Sen esperalo, emocionounos que nos presentaran como o grupo de música:“ A lus do mundo”. Antes de cantar os poemas “Vísperas”, “Penélope” e “A noite é necesaria” , musicados pola nosa profesora Sandra Tenreiro, Margarita e Paula leron os seguintes versos: “ Podemos caer, desfacernos, ...equivocarnos, mais sabemos coller ...

A FUSIÓN DA POESÍA, A FOTOGRAFÍA E A MÚSICA

Imagen
As fotografías feitas polo alumnado de 4º da ESO no obradoiro de “Fotografía en Curso” dentro do PLAN PROXECTA, dirixidos polo prestixioso Vari Caramés e coordinados pola nosa profesora Nuria Pena , deixáronse fundir coa poesía de X.M Díaz Castro e a música composta e interpretada por Sandra Tenreiro , sobre o poema “Coma unha espada”...sen mais...”A Beleza fireume para sempre”. Seguimos traballando nas aulas con novos poemas, fotografías e música, esta vez interpretada polos propios alumnos de música. En nada teredes novidades coas que deleitar os sentidos.

OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS EN LUGO

Imagen
O luns 26 repetimos en Lugo, no IES Lucus Augusti. De novo ante uns 300 rapaces e razas do IES Xoán Montes, Muralla Romana, Virxe dos Ollos Grandes, Ánxel Fole, Lucus Augusti e Leiras Pulpeiro explicamos os nosos proxectos e proxectamos a peli. O acto resultou moi animado. Ó final Antía de 1º ESO animouse a cantar ESA LUS, o inesperado éxito musical deste curso. Antes e despois, no hall do centro, alumnos e alumnas dos centros asistentes puideron facerse fotos cos protagonistas da peli. Nos tamén aproveitamos para facernos algunha que outra foto. Se queres baixar fotos preme aquí

OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS

Imagen
O martes 20 de maio presentamos “Os camiños esquencidos” na Coruña, no centro Ágora. O acto foi organizado pola Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro en colaboración coa Biblioteca do Ágora. O acto foi un homenaxe ao poeta do Vilariño no que particioaron uns 500 alumnos e alumnas de varios IES da Coruña, invitados a través das bibliotecas do seus centros: IES Urbano Lugrís, IES monte das moas, IES maximino Romero de lema de baio, IES Elviña, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Agra do Orzán, IES Rafael Dieste, IES Monelos, Colexio Liceo la Paz .  Os recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen, son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para facer a curtametraxe Os cami...

LETRAS GALEGAS NO MERCADO

Imagen
Como en anos anteriores, a Biblioteca e o EDLG do IES Poeta Díaz Castro celebraron o mércores anterior ó 17 de maio o a Festa das Letras Galegas na praza da vila. Participaron nos actos ademais do alumnado do IES, o alumnado dos colexios de Parga e Lagostelle e alumnado da Escola Municipal de Música. Tivemos un día ben fermoso e case cegados de tanta lus os pequenos dos coles e do instituto recitaron e can taron. A escola de música puxo as gaitas, pandeiros e bombos e o alumnado de musica do insti, da man da súa profesora Sandra Tenreiro, presentou tres novos e fermosos temas, con letra de Díaz Castro e música de Sandra: Esmeralda , Remuíños e Vísperas . Feridos quedamos de tanta beleza. Unha homenaxe sentida é alegre por parte dos rapaces e rapazas a un poeta que sente como algo seu. A celebración continuou o venres coa presentación no instituto da curtametraxe “ Os camiños esquencidos ” realizada polo alumnado é profesorado do insti baixo a dirección de Cristina de ...

ESMERALDA

Imagen
Para os máis pequenos. Unha canción de berce. A nosa compañeira Sandra segue a poñerlle música ós poemas de Diaz Castro e nos a disfrutar con ela. Este mércores as 11.30 na praza de Guitiriz imos celebrar de novo, xunto cos alumnos dos colexios de Lagostelle e Parga , o Día das letras galegas e alí poderemos escoitar temas novos.

COMO DE FIXO: OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS (3)

Imagen
O XOVES 15 PRESÉNTASE O CORTO NO IES E O MARTES 20 NO AUDITORIO DO ÁGORA NA CORUÑA, COA COLABORACIÓN DA BIBLIOTECA DO ÁGORA

COMO SE FIXO: OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS (2)

Imagen

COMO SE FIXO "OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS" (1)

Imagen
Durante o curso 2012-2013 no IES Díaz Castro realizouse un obradoiro que deu como resultado a realización dun documental sobre a obra do poeta Xosé María Díaz Castro: “A lus do mudo”, baixo a dirección de Cristina de la Torre xornalista e realizadora de Pasen y Vean Comunicación. Este curso repetimos unha experiencia similar, neste caso deu lugar a realización dunha película de ficción inspirada de novo na vida e na obra do noso poeta ó que se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. A biblioteca ofrece agora, antes da estrea, unha serie de pequenos reportaxes nos que os protagonistas, alumnos e profesores do instituto, cóntannos a súa experiencia .

ESA LUS

Imagen
Esa lus" é a nova canción creada dende o IES Poeta Díaz Castro para conmemorar o ano do autor dos Vilares, desta vez empregando unha melodía moi coñecida para musicar os seus versos e traxectoria vital. Dende o neno Pepe ata o poeta que hoxe coñecemos, nesta canción destácase a vixencia da súa lírica e así o transmitiron os máis de douscentos rapaces que participaron dos actos do centenario o pasado 19 de febreiro. Eses actos remataron cun ensaio xeral da canción que esperamos ter perfeccionada para o próximo 17 de maio. Invitámosvos a cantala connosco descargándovos a base musical e a propia canción na nosa conta de soundcloud . E vos, xa sabedes cunquear ? Se queres baixar a letra pincha aquí

CENTENARIO DÍAZ CASTRO 3

Imagen
O mércores pasado tivemos unha xornada bastante movida. Pola mañá recibimos ós alumnos do CPI López Suarez de Frio l e ós do club de lectura do IES Urbano Lugris de A Coruña. Que a que viñan? pois a celebrar con nos o centenario do nacemento de Díaz Castro. Xuntos e un tanto apretados no salón de actos puídemos ver o documental a Lus do Mundo , facer algúns dos xogos sobre o documental e a poesía de Díaz Castro guiados por alumnos de 1º e 4º de ESO, escoitar algúns dos seus poemas, incluso en francés, recitados por Oscar e Eva, cantar con karaoke e todo... para rematar cun “cup´s song” inspirado nos versos do poeta, que con maior ou menor fortuna fixemos polos corredores e hall do insti. Unha xornada movida e divertida para celebrar ó noso poeta. Se queres ver máis fotos pincha aquí  (gracias a suso polas fotos) Mentres no salón de actos (e nos corredores e no Hall) celebrábanse os actos do centenario na biblioteca tiña lugar a a reunión de presentación dos 5 Proxec...

REUNIÓN BECAS FUNDACIÓN BARRIÉ

Imagen
O mércores 19 de febreiro celebrouse no noso IES a reunión de presentación dos 5 Proxectos de Innovación Educativa que foron seleccionados por EDUCABARRIÉ na súa Convocatoria de Proxectos Escolares 2013/14. A reunión acudiron o Director da Fundación Barrié, Javier López; a Directora de Investigación e EducaBarrié, María José Mariño; a Asesora educativa de EducaBarrié, Susana Vázquez, e o profesorado que desenvolve os proxectos: Xaime Varela do Instituto Español Cañada Blanch de Londres ( Fala Londres ) ; José Viñas do IES David Buján ( Ciencia cidadán na escola ); M. T. Iglesias Polo do C.P.R. San José de Pontedeume ( Construíndo a cultura do pensamento eficaz hoxe para mañá) ; M. Pérez Hernández do Centro Integrado A Xunqueira de Pontevedra ( Proxecto de colaboración A Xunqueira Amencer) e Olga Aguiar do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz ( Tralas pegadas de Díaz Castro. Un roteiro interactiva pola poesía, o lugar e a persoa) . A reunión amosou o elevado nivel das ...

CENTENARIO DÍAZ CASTRO

Imagen
Este mércores 19 de febreiro celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Con este motivo, a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz anima a toda a comunidade educativa galega a celebrar con nós esa data tan especial proxectando nos vosos centros o documental que o curso pasado realizaron os nosos alumnos en colaboración con Paseny Vean comunicación : "A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" ( pincha aquí para ver o documental ) Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro da especialista Chus Otero . Como veredes os xogos son sinxelos, para facer de xeito individual cun ordenador ou na clase cun proxector. Podedes baixalos pinchando no título. Recordar despois de facelo de non gardar os cambios, para p...