O
mércores pasado tivemos unha xornada bastante movida. Pola mañá
recibimos ós alumnos do CPI López Suarez de Friol e ós do club de
lectura do IES Urbano Lugris de A Coruña. Que a que viñan? pois a
celebrar con nos o centenario do nacemento de Díaz Castro. Xuntos e
un tanto apretados no salón de actos puídemos ver o documental aLus do Mundo, facer algúns dos xogos sobre o documental e a poesía
de Díaz Castro guiados por alumnos de 1º e 4º de ESO, escoitar
algúns dos seus poemas, incluso en francés, recitados por Oscar e
Eva, cantar con karaoke e todo... para rematar cun “cup´s song”
inspirado nos versos do poeta, que con maior ou menor fortuna fixemos
polos corredores e hall do insti. Unha xornada movida e divertida
para celebrar ó noso poeta. Se queres ver máis fotos pincha aquí (gracias a suso polas fotos)
Mentres
no salón de actos (e nos corredores e no Hall) celebrábanse os
actos do centenario na biblioteca tiña lugar a a reunión de
presentación dos 5 Proxectos de Innovación Educativa que foron
seleccionados por EDUCABARRIÉ na súa Convocatoria de Proxectos
Escolares 2013/14.
Comentarios
Publicar un comentario