O
luns 26 repetimos en Lugo, no IES Lucus Augusti. De novo ante uns 300
rapaces e razas do IES Xoán Montes, Muralla Romana, Virxe dos Ollos
Grandes, Ánxel Fole, Lucus Augusti e Leiras Pulpeiro explicamos os
nosos proxectos e proxectamos a peli. O acto resultou moi animado. Ó
final Antía de 1º ESO animouse a cantar ESA LUS, o inesperado éxito
musical deste curso. Antes e despois, no hall do centro, alumnos e
alumnas dos centros asistentes puideron facerse fotos cos
protagonistas da peli. Nos tamén aproveitamos para facernos algunha
que outra foto.
Comentarios
Publicar un comentario