.jpg)
Tivemos
un día ben fermoso e case cegados de tanta lus os pequenos dos coles
e do instituto recitaron e cantaron. A escola de música puxo as
gaitas, pandeiros e bombos e o alumnado de musica do insti, da man da
súa profesora Sandra Tenreiro, presentou tres novos e fermosos
temas, con letra de Díaz Castro e música de Sandra: Esmeralda,
Remuíños e Vísperas. Feridos quedamos
de tanta beleza. Unha homenaxe sentida é alegre por parte dos
rapaces e rapazas a un poeta que sente como algo seu.
A
celebración continuou o venres coa presentación no instituto
da curtametraxe “Os camiños esquencidos” realizada
polo alumnado é profesorado do insti baixo a dirección de Cristina
de la Torre. Pronto vos contaremos algo máis desta peli.
Comentarios
Publicar un comentario