O martes 20 de maio presentamos “Os camiños esquencidos” na Coruña, no centro
Ágora. O acto foi organizado pola Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro en colaboración coa Biblioteca do Ágora. O acto foi un homenaxe ao poeta do Vilariño no que
particioaron uns 500 alumnos e alumnas de varios IES da Coruña, invitados a través das bibliotecas do seus centros: IES Urbano Lugrís,
IES monte das moas, IES maximino Romero de lema de baio, IES Elviña,
IES Ramón Menéndez Pidal, IES Agra do Orzán, IES Rafael Dieste,
IES Monelos, Colexio Liceo la Paz.
Os
recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen,
son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos
lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a
poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea
ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o
obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para
facer a curtametraxe Os camiños esquencidos, unha
ficción dirixida por Cristina de la Torre sobre Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.
A
película, foi desenvolta durante todo o curso cun grupo de trinta
rapaces e rapazas da ESO e dentro dos contrato programa da
Consellería de Cultura e Educación, foi gravada no mes de abril
incluindo, ademais da ficción, recreacións históricas e
representacións de danza, coa intención de explorar novas
perspectivas no achegamento ó poeta dos Vilares por parte dos
xóvenes estudantes de Guitiriz. Foi un traballo de construcción
creativa e sobre todo, un esforzo de produción no que se implicou
toda a comunidade educativa e para o que o Instituto, recibiu tamén
unha axuda do Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Para saber máis detes e outros proxectos relacionados pincha aquí
Ademais da proxección da curtametraxe, durante o acto alumnos dos diferentes centros participantes leron versos do poeta.
Para saber máis detes e outros proxectos relacionados pincha aquí
Ademais da proxección da curtametraxe, durante o acto alumnos dos diferentes centros participantes leron versos do poeta.
Tamén
presentaronse tres novas cancións: Esmeralda,
Visperas e Remuíños compostas
por Sandra Tenreiro e interpretada polos seus alumnos de música do
insti.
Por último presentouse o roteiro “Tralas pegadas de Díaz Castro. Un roteiro
interactiva pola poesía, o lugar e a persoa “ seleccionado
na Convovocatoria de proxectos escolares EducaBarrie 2013-2014 no que
está traballando o alumnado e profesorado do IES e que pronto estará
a vosa disposición na rede.
Comentarios
Publicar un comentario