A FUSIÓN DA POESÍA, A FOTOGRAFÍA E A MÚSICA

As fotografías feitas polo alumnado de 4º da ESO no obradoiro de “Fotografía en Curso” dentro do PLAN PROXECTA, dirixidos polo prestixioso Vari Caramés e coordinados pola nosa profesora Nuria Pena, deixáronse fundir coa poesía de X.M Díaz Castro e a música composta e interpretada por Sandra Tenreiro, sobre o poema “Coma unha espada”...sen mais...”A Beleza fireume para sempre”.

Seguimos traballando nas aulas con novos poemas, fotografías e música, esta vez interpretada polos propios alumnos de música. En nada teredes novidades coas que deleitar os sentidos.

Comentarios

  1. Pero en Guitiriz non pararedes nunca de facer cousas?
    Parabens unha vev mais

    ResponderEliminar

Publicar un comentario