kPACES, da música tradicional ao trap con Branca Villares.

 
Encontro do Biblio Equipo KPACES 

con Branca Villares.


O pasado venres 18  o equipo KPACES da biblio do Poeta Díaz Castro, iniciou as actividades cos seus compañeiros e compañeiras do Grupo de Memoria, convidados por Ana Pérez  da biblioteca do concello "Casa Habanera". 

Este primeiro encontro enmarcado dentro do Programa " Ler Conta Moito" iniciose co obradoiro de Branca Villares; " Baila Morena"; unha viaxe a golpe de pandeireta desde a música tradicional ao Trap, poñendo o ollo nas letras que se cantaban e as que se cantan, xénero e violencia sexual. Abriuse un intenso debate no que maiores e novos expresaron opinións e inquietudes desde ambalas dúas xeracións.

Non hai mellor maneira de conmemorar o "Día das Bibliotecas".


O alumnado do equipo KPACES, xa está a traballar en novas actividades que realizarán cooperativamente coa veciñanza de Gutiriz, co fin de potenciar competencias sociais fóra do centro educativo e xunto coa veciñanza do pobo.




Comentarios