MENSAXES RÍTMICAS Motivación e ánimo ao ritmo das nosas mans
el
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
MENSAXES
RÍTMICAS MOTIVACIÓN
E ÁNIMO AO RITMO DAS NOSAS MANS.
A un
mes da celebración do DÍA MUNDIAL DA MÚSICA, o alumnado do I.E.S Poeta Díaz Castro, lanza unha mensaxe urxente a golpe de compás de catro por catro, cun tema esencialmente rítmico: "As
apertas volverán".
Traballando
desde as súas casas, desde a aula de
música virtual, envían o impulso e forza
aos seus compañeiros, familiares e amigos, falando da importancia de traballar
en equipo, de seguir as mesmas pautas e ritmo para vencer os momentos difíciles
que estamos a vivir.O
traballo rítmico coas súas mans, realízase sobre a melodía dun coñecido tema da artista
Adele, "Rolling in the deep".
Agardamos
que esa forza coa que marcan o ritmo coas súas mans, envíe unha carga de enerxía
positiva.
E como ben contan nesta creación; "CANDO MENOS contes, AS APERTAS
VOLVERÁN".
Comentarios
Publicar un comentario