Xaneiro de mulleres

O Clube de Lectura dos máis novos retomou a actividade á volta do Nadal, para falar de Rosa Parks e outras personaxes representativas da loita polos dereitos civís nos EEUU. A excusa foi O autobús de Rosa, que nos permitiu facer unha viaxe no tempo ata a década dos 50 do pasado século... pero tamén achegarnos á actualidade no mundo, por desgraza.

Aquí podedes vernos en acción. Como nos deu para dúas sesións de comentario, na segunda delas xuntamos varios materiais (case un cofre do tesouro... 😉) e xa botamos man da que vai ser a nosa seguinte lectura: Be water, de Antía Yáñez. Igual se anima alguén que participou na charla que deu a autora na súa visita de decembro a virnos contar algo máis desta historia... estades tod@s convidad@s, coma sempre! 

Tamén neste mes conmemorouse o Día da Ilustración, que rescatou a figura de Lolita Díaz Baliño, polo que aproveitamos para difundir a súa figura, e tamén a doutras mulleres galegas destacadas no ámbito das artes plásticas, cunha pequena exposición de materiais que hai na biblio á vosa disposición... vide adentalos... 😏



Comentarios