ACCESIBILIDADE COGNITIVA _ 3 DECEMBRO “DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE”
O alumnado de 2º ESO únese ao reto de Plena Inclusión co lema “ Accesibilidade cognitiva xa! para que o mundo sexa máis sinxelo de entender para todos/as, especialmente para as persoas con diversidade funcional.
VER PARA ERRADICAR
Obradoiro de Igualdade de xénero dentro do programa “Ver para erradicar” impartido pola Asociación ACADAR de Lugo.
8 M _ EXPOSICIÓN MULLERES TRANS
Coincidindo coa celebración do 8 M coñecimos a traxectoria e aportacións de dez mulleres trans en diferentes ámbitos (ciencia, cultura, deporte,..) a través dunha exposición situada á entrada da Biblioteca. Realizamos un xogo de encrucillado , con premio para os que lograron completalo.
OBRADOIROS SENSIBILIZACIÓN _ DIVERSIDADE FUNCIONAL
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas aportounos unha visión próxima de como perciben o mundo as persoas con discapacidade auditiva e cales son barreiras que afrontan día a día. Coñecimos de primeira man a labor dun interprete de lingua de signos e tamén algúns signos básicos para manter unha conversa.
Alumando de 1º e 2º ESO _obradoiro de lingua de signos
OBRADOIRO DE BRAILLE
Achegámonos á lectura e escritura en braille empregada polos persoas con discapacidade visual e comprendemos a importancia da inclusión educativa, social e laboral. Gracias á ONCE por esta experiencia tan enriquecedora
# ETIQUETADOS
As etiquetas sociais nos limitan, como desfacernos delas… esta foi a misión que tivo que investigar o alumnado de 3º ESO.
OBRADOIRO EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL
Afectividade e sexualidade non se improvisan. Si queremos ter relacións saudables é vital saber como somos, como funcionamos…comprendernos, aceptarnos, respectarnos e por énfase nun crecemento afectivo sexual positivo.
ACOLLIDA DOS FUTUROS ESTUDANTES/AS
Alumnos/as guías de 1º ESO presentan o Instituto aos futuros estudantes que se atopan rematando a etapa de educación primaria. Convivencia e aprendizaxe xuntos!
Comentarios
Publicar un comentario