Aló foi o gran día! Vilalba e Guitiriz apertáronse coa escrita e coa lectura na Casa Museo de Manuel María, co gallo do II Certame de Microrrelatos organizado dende as bibliotecas do IES Poeta Díaz Castro e do IES Santiago Basanta Silva. Grazas a Antón Laxe, á Fundación Manuel María de Estudos Galegos, a Xurxo Souto e ao profesorado e alumnado implicado, a xornada foi todo un éxito.
Todo comezou cun remexido de claves villaltianas, que permitiu misturar alumnado dos dous centros para as distintas actividades propostas (xincana na horta, visita guiada á casa, obradoiro de regueifa e espazo Villalta). A maiores, un pequeno tempo de lecer e unha gala de entrega de premios que tivo como peche a presenza de Xurxo Souto, quen nos lembrou que Manuel María e Luísa Villalta tanto eran poesía como música. Medre a festa chairega que se fai con vento do mar!!!
|
Alumnas de Vilalba desenvolvendo o obradoiro de regueifa, acompañadas por Almudena |
|
Introdución á obra de Luísa Villalta cunha dinámica a partir dos seus títulos, na biblioteca |
|
Pistas na xincana da horta, ven á vista para seren atopadas |
|
Gañadores e gañadoras, de Guitiriz e Vilalba, do II Certame de microrrelatos |
|
Varios momentos da actuación de Xurxo Souto, que agradeceu ás presentadoras o seu labor |
Aquí tedes a perspectiva vilalbesa desta xornada.
Comentarios
Publicar un comentario