CONCURSO NADAL NATURPOEMAS CON MATERIAL DE REFUGALLO





  CONCURSO NADAL           NATURPOEMAS 2019   
A creación poética do concurso deste ano, estará inspirada na natureza e a conciencia medioambiental, proxecto anual do noso instituto.
Buscamos NATURPOEMAS MOTIVADORES E INSPIRADORES que fagan soñar  cun ano novo bañado por mares e ríos limpos e aire mais puro,  liberados de plásticos e outros tóxicos.
NATURPOEMAS  cheos de osíxeno para o noso centro e os nosos fogares este nadal. Presentados en material de REFUGALLO.

PRESENTACIÓN DO POEMA


 O poema presentárase utilizando material de refugallo, nun bote de cristal, como unha mensaxe nunha botella, nun vello tubo de papel, aquel libro que se pode aproveitar…
Mirade ao voso arredor e reciclade!

BOTÁDELLE IMAXINACIÓN!. Decorado sempre con moita creatividade e evitando mercar cousas novas.

VALORARASE:

A CALIDADE POÉTICA traballando a TEMÁTICA SOLICITADA.
A CLARIDADE NO TEXTO DO POEMA. (lectura posible)
A CREATIVIDADE NA PRESENTACIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO.

DATA LÍMITE PRESENTACIÓN DE NATURPOEMAS: 16 DECEMBRO.



Comentarios

Entradas populares de este blog

O Club de Lectura inaugura curso na nova biblioteca

A BIBLIOTECA... máis necesaria ca nunca. 05/10/2020