Vidas, amores, convites...

 
...todo isto só pode ser un Club de Lectura, claro.

Neste caso, a sección de adultas aplicouse a fondo, como podedes ver nesta foto da sesión do 3 de marzo.

Houbo unha papatoria moi do tempo, grazas a unha das nosas lectoras, pero non quedaron sen debullar as obras propostas, que nesta ocasión non nos encheron de todo o ollo. Igual eran algo densas de máis para o Entroido... calidade no relato e no contido, sen dúbida, pero faltoulles certo  atractivo para botarlles o dente.

E aínda houbo máis: comezamos a sesión facendo plaxios poéticos, na zona habilitada ao efecto, e lendo unha breve composición ('Nadadora' de Concha Méndez), que nos cadraba moito coa referencia á vida das mulleres na II República, tan presente na obra de Mª Xosé Queizán. 

As seguintes lecturas que imos facer son Pretérito imperfecto, de Minerva Varela (unha ex alumna do centro, por certo) e Noites de safari, de Marleen Malone.  

Desta volta alixeiramos algo a maleta lectora, agora que imos cara ao bo tempo...       xa vos contaremos na seguinte entrega.

Por certo, aquí tedes unha mostra da actividade creativa e dos recitados finais de 'Bos amores'. Os vídeos estánse cociñando aínda...

Recitadores (diante do croma)


Alumnado de distintos niveis académicos na recreación de textos de 'Bos amores'






Comentarios