Coñecemos a Shakespeare a través do xogo e a música de Prokofiev

Coñecemos a Shakespeare
a través do xogo e a música de Prokofiev

 
Comezamos o ano con forza traballando na aula de música  o Ballet de Prokofiev "Romeo y Julieta", mais metémonos na pel da compañía" Per Poc Marionetas" para entender a arte maxistral de manexar uns monicreques no escenario e xogamos coma nenos pequenos seguindo os textos Shakespeare na clase e a música de Prokofiev.
 

Grupo de 3º interpretando unha das pasaxes.

Descubrimos o texto da obra literaria desde outra perspectiva. Facemos a lectura dramatizada dalgunhas das partes, asociadas aos movementos e seccións do Ballet. Deixámonos levar pola música e damos vida aos nosos improvisados monicreques. 
 
 
Alumnos do Obradoiro de Musica de 1º ESO

. En base ao seu traballo en aula algúns alumnos afortunados puideron onte disfrutar no Auditorio de Galicia da interpretación de Romeo e Julieta de Prokofiev a cargo da RFG e a sutil dirección de Maximino Zumalave cos monicreques de Per Poc. O papel da muller na sociedade, a importancia de xogar, saber disfrutar da música clásica...reto superado!!


Alumnado de música asistente ao evento no Auditorio de Galicia.

Comentarios

Entradas populares de este blog

PARA QUE LES?

PARA QUE LES?

Memorias de Tristán Saldaña