Na busca das estrelas da nosa  Constelación Lectora. Hoxe o alumnado da materia de Proxecto Competencial, camiñou polo pobo, buscando a dúas estrelas, que marcan puntos no  mapa da nosa Constelación Lectora.  Son puntos de lectura con recursos compartidos desde a Biblioteca do Poeta Díaz Castro,  puntos de lectura para a veciñanza,  abrindo aínda mais as portas da biblioteca do instituto á comunidade. Equipo Kpaces con Paqui, unha das estrelas desta Constelación Lectora en Guitiriz.             O  equipo da biblio KPACES,  saiu a falar con Ana na Ferretería (Ferretería de Amador)   e  tamén con Paqui na súa floristería-invernadoiro . Estes negocios acolleran dous dos puntos de lectura, empréstitos e devolucións, mais accesibles para a veciñanza, nos que poden ademais facernos solicitudes. Diante da Ferretería de Amador, logo de falar con Ana, a nosa segunda estrela lectora.             Paqui, xa ten experiencia  como colaboradora no centro  en diversas actividades ...
 
Comentarios
Publicar un comentario