BIBLIOTECA Poeta Díaz Castro

 NORMAS XERAIS.
  • Na biblioteca debes manter unha actitude tranquila, respectando as tarefas que realizan outros compañeiros.
  •  Manter a orde é cousa de todos, así que deixa cada cousa no seu lugar deixando os espazos utilizados e materiais recollidos e limpos. Notifica calquera anomalía co encargado, para que poidamos facer un mantemento axeitado.
  •  Non podes comer o beber, faino antes de entrar, ou despois. Esta norma pode variar en grupos específicos como no club de lectura.
  •  Debes seguir as indicacións do profesor ao cargo e no caso de ausentarse este, as do alumno colaborador que queda ao cargo da biblioteca.
  •  Cada zona da biblioteca, ten unhas pautas, horarios e normas de uso para o alumnado, que poden variar en función das actividades. Antes de manipular os materiais, ordenadores e outros dispositivos e ferramentas, le atentamente as normas de uso e consulta as horas abertas ao uso xeral ou grupos específicos.
SERVIZOS
Lectura en sala e uso de materias informáticos e dixitais.
  • Desfruta  na biblioteca podes consultar os libros, revistas, escoitar música, traballar nos diferentes obradoiros,  pero antes de marchar deixa todo como o atopaches . A medida que vaian chegando novos materiais á biblioteca irémoste informando, pero sempre poderás ver as  novas adquisicións nos expositores da biblio, hall ou nos corredores.
  • Antes de utilizar os ordenadores, dispositivos móbiles de son ou audio, deberás informar ao encargado e seguir as pautas que se dan en relación a cada aparello. Si o profesor non te anota no seu libro de retirada de materiais, está prohibido sacar nada da biblioteca sen autorización.
EMPRÉSTITOS E DEVOLUCIÓNS.
  • Podes levar libros, música, revistas (agás o último número), sempre previo o rexistro por parte do encargado da biblioteca. Deberás comunicar o teu número de lector e devolver o material segundo as pautas que te dan e que xeralmente serán nun período máximo de 15 días.
  • As lecturas obrigadas das programacións didácticas, serán devoltas con puntualidade e incluso antes do final do prazo (se fose posible), para axilizar a súa lectura entre os membros dun grupo.
  • Os familiares do alumnado e outros membros da comunidade educativa, poden realizar os seus empréstitos. No caso dos alumnos, estes faranse co nº de carné lector do alumno. Para o resto de persoal do centro e contorna, poden solicitar o seu número de carné na biblioteca, no horario establecido.
  • Senón devolves os libros ou os entregas en mal estado, pódese suspender o teu dereito de empréstito na biblioteca, ou tomar outras medidas. De tratarse de faltas graves  que impiden unha normal convivencia no centro, tomaremos medidas coa xefatura de estudos. A biblioteca pode solicitar incluso a reposición do libro, en función das circunstancias.
 NORMAS ESPECÍFICAS PARA O USO DOS ORDENADORES
  • Terá preferencia no uso dos ordenadores, o alumnado que o precisa  traballar e editar tarefas e estudar. O alumnado que quere facer uso do ordenador para xogar, deberá rexistrarse como xogador, para levar control das horas mensuais de xogo, dentro do plan "Desconecta".
ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA
  • A biblioteca está na actualidade en proceso de cambio. En breve publicaremos as diferentes zonas de traballo individual, investigación grupal, club de lectura e obradoiros activos.
Mentres tanto, xa podedes acceder ao resto de materiais seguindo as indicacións das CDU. Ante calquera dúbida, pide axuda ao profesor encargado e alumnado colaborador.
  • A C.D.U e a Clasificación Decimal Universal; en cada estante os libros colócanse por orde alfabética. Unha parte dos libros xa levan no seu lombo unha etiqueta coma esta que che axudará a localizar o libro na biblioteca:
Exemplo:
JN (Literatura Juvenil)
SIE (1º apelido do autor; Sierra
ase (sen determinantes, a primeira palabra do título.
Pide na biblioteca a guía coas CDU que temos activas.
Debido a última reforma realizada xusto antes do confinamento non temos o plano da biblioteca actualizado.

Comentarios