O biblio equipo KPACES, traballa na súa hora semanal de Proxecto Competencial, dinamizando poesía nun programa especial para a veciñanza " RADIO FÁBRICA de POETAS".Tres anos levamos xa, publicando programas de radio na nosa canle de YouTube y SoundCloud " A lus do mundo". Nestes programas utilizamos diferentes recursos PLAMBE para a creación dos nosos guións.
![]() |
Alumnado Equipo KPACES de 1º ESO analizando os novos fondos. |
Nestas últimas semanas de curso, traballan tamén intensamente na dinamización das novidades que chegan á biblioteca. Estas novos recursos, serán distribuídas non só a nivel de centro, senón tamén coa veciñanza, dentro do Proxecto Constelacións; puntos de lectura no pobo para todxs, no que a comunidade pode levar lecturas para as súas casas desde os puntos activos no Bar o Recreo en Parga con Fernando, AgroAbelleira con Paqui e con Ana na Ferretería Amador.
![]() |
Alumnado traballando nos guións para dinamizar novos recursos. |
Comentarios
Publicar un comentario