PROPOSTAS DAS LECTORAS

AUTOR: NEIRA VILAS, X.
TÍTULO: MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Memorias dun neno labrego, é un libro no que che ensina como era a vida de fai uns cantos anos. A medida que  o vas lendo, baste dando conta de como cambiaron os tempos, xeralmente é un relato bastante triste pero aínda así precioso, eu recomendaríavos que o lerades. O que máis me gustou do libro é a valentía que demostra Balbino, o protagonista. El pensa que os adultos non o entenden nas súas cousas de nenos, por iso escribe nun caderno para desafogarse. O que menos me gustou foi o final, xeralmente nos libros ao final todo acaba ben, pero este é unha excepción, xa que neste relato, ao remate non é  que acabe moi ben. Outra cousa que me gustou é como o protagonista de opón ante a diferenza que había antes, xa que na antigüidade os ricos tiñan máis dereitos que os pobres simplemente polo feito de ser ricos. Creo que este libro é moi bonito e merece a pena lelo.

Uxía López 2º ESO

Gustoume porque é un libro que nos mostra cómo era a vida xa fai uns anos e cómo era o papel dos nenos naquela época.
Neste libro ponnos un exemplo de que un neno, Balbino, que en vez de ir a escola, traballa na casa. Unha das cousas polo que non pode ir a escola e porque a súa familia é pobre. En cambio, o fillo do seu caseiro, pode recibir educación debido a que a súa familia é rica.
O que me pareceu interesante foi cómo trataban a Balbino cando facía algo que non debía facer  e tamén que, debido as diferencias económicas unhas familias non tiñan onde "caerse mortas" e outras, vivían sen ningún tipo de problemas de ese tipo.


Ányela Roca 2º ESO

Comentarios