Título: El impostor
Autor: Javier Cercas

Nesta
reconstrución da vida de Enric Marco Batlle o autor somerxese nunha tarefa de
investigación na que sofre numerosos altibaixos que lle producen dubidas sobre
a publicación deste libro, aínda que finalmente Javier Cercas continúa e desenmascara
e reconstrúe a vida deste metireiro compulsivo.
Antes de
2005 Enric Marco era o presidente da Amical de Mauthausen e formara parte da
cúpula da CNT, como bon supervivente do Holocauste e obreiro anarquista que
fora toda a súa vida. Vida na que estaba destinado a ser recordade de nacemento
, xa que nacera o 14 de abril de 1921, 10 anos antes da proclamación da Segunda
República. Este tamén loitara na Guerra Civil, fuxira a Francia como anarquista
inimigo do Estado franquista que era e fora capturado en Alemaña onde o
encerraron no campo de Flossenburg ata a súa liberación. Máis tarde volvería a
España e pasaría o resto da súa vida loitando e atentando contra o réxime
ditatorial de Franco e traballando como obreiro ata a súa xubilación, cando emprendería
a súa carreira nas institucións, comezando por unha asociación de pais ata
chegar a presidir a Amical de Mauthausen.
Dende o
principio a súa historia está chea de mentiras, modificando incluso a data do
seu nacemento para facela máis mítica. Parece ser que non minte na súa
participación na Guerra Civil a pesar da súa curta idade (exceptuando a
afirmación de participar en certas batallas), pero as falsidades chegarían coa
súa fuxida a Francia. Enric Marco nunca fuxiu de España, senón que foi enviado
por propia vontade como traballador voluntario á Alemaña Nazi, onde sería
apresado, pero unicamente por un simple comentario sobre o III Reich un tanto
desfavorable, non por atentar contra o Estado como el mesmo afirmaba. De volta
a España vive como un obreiro máis pero sen entrar nas causa políticas,
apartado de problemas coa ditadura ata que coa morte de Franco, inicia a súa
relación con rapaces anarquistas ós que encandila con mentiras e coas súa labia
e o seu coidado discurso que o encumbran co regreso da CNT. É neste momento
cando empeza a pulir a historia da súa vida, con tal interese pola veracidade
das “súas experiencias” que chega a estudar Historia para introducirse na
Amical de Mauthausen como prisioneiro dun campo de concentración durante a
Segunda Guerra Mundial e inicia unha viaxe na que propaga os seus coñecementos
sobre os exterminios Nazis como algo vivido por el.
Foi no
2005 cando salta o escándalo de que todo fora mentira e foi nese momento cando
todos desprezan a un home cuxa labor propagara a historia polas institucións e
polos institutos.
Ao final
deste libro Cercas consegue o que nunca ninguén conseguira, baixar a Marco de
todas as súas mentiras e dando lugar a miña escena preferida de todo o libro.
Este escena prodúcese durante unha das conversacións entre o propio Marco e o
autor na súa investigación. Enric Marco contaba algunha das súas tantas
historias falsas e o autor respondíalle cos feitos comprobados da súa investigación
ata deixar ó pobre home ridiculizado e retratado como o que era, suplicándolle
“Por favor, déixame algo”.
O libro
en si, ao ser unha especie de biografía, só ten un personaxe, Enric Marco, e
aínda que recoñezo que este home ten os seus méritos, por crear unha vida tan
estudada que conseguise enganar a tantos durante tanto tempo e por difundir a
historia que sufriron moitos outros (nunca él), pero non podo consideralo como
o meu personaxe favorito pola súa ansia de fama chegar demasiado lonxe coas
mentiras que parecía que el mesmo cría.
Aínda
que non sexa un personaxe como tal, o meu personaxe favorito é o propio autor,
a parte de porque sen el non habería libro, pola implicación que ten na
historia e en descubrir toda da verdade e por narralo todo dende o seu punto de
vista, non como narrador senón como escritor, algo inusual e atractivo para o
lector.
Recomendo
este libro a todos aqueles que non se asusten co número de páxinas e miren máis
alá do tamaño do libro, xa que a historia deste home é o típico caso no que a
realidade supera á ficción ou que a ficción supera á realidade. Para min foi un
gran descubrimento xa non só pola historia en sí, senón tamén pola forma que
ten o propio autor de introducir ó lector na investigación completa.
Sandra Calvo Rego 2º
BAC
Comentarios
Publicar un comentario